fbpx
¡COMPÁRTEME!

Hai uns días compartimos imaxes e vídeos dun dos ensaios de Pablo Castaño, alumno de saxofón de CSM Galicia, con Adrián Pais, mestre deste instrumento no Centro Superior de Música de Galicia. Preparaban a súa actuación na Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos (A Coruña), na que interpretaron:

 

  • Estudo para violín (adaptación saxofón alto) de R. Kreutzer.
  • Partita para frauta sola 1013 en La menor de J. S. Bach.
  • Sonata para fagot e violonchelo K.292 de W. A. Mozart.
  • Seis Metamorfosis según Ovidio Op.49 de B. Britten.
  • Sonata en mi menor para dúas frautas de W. F. Bach.

 

 

Unha gran experiencia docente

 

Para os alumnos, participar en concertos profesionais como este, nesta experiencia moi útil, xa que poden vivir en primeira persoa a esixencia na preparación dun programa tan complexo musicalmente como o que interpretaron no concerto.

 

En opinión de Adrián Pais, “para o alumno Pablo Castaño, este concierto e o seu programa levaron en paralelo un gran progreso sobre aspectos tan importantes como a escoita, a articulación ou a respiración, ademais da flexibilidade que require a utilización de diferentes tipos de saxofón“.

 

Ademais, comenta o mestre, “Tivemos a ocasión de profundizar sobre aspectos de interpretación de repertorio clásico e barroco que o saxofón non atopa dentro da súa literatura“.

 

 

Galería de imaxes do concerto

 

Compartimos algunhas imaxes de distintos momentos do evento.

 

 

 

 

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies