fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Canto

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

LORENA VALERO

Mestra Titular de Canto

Lorena Valero estudou en Viena coa mezzo-soprano Kammersängenrin Margarita Lilova, tras obter o título profesional de canto no Conservatorio Superior del Liceu de Barcelona.

Na súa formación artística cabe salientar a docencia de Ghena Dimitrova, Jerzy Artisz y Roberto Scandiuzzi.

Durante a súa traxectoria profesional, interpretou o rol de Santuzza de Cavalleria Rusticana de P. Mascagni, na Opéra -Théâtre Metz Métropole en Francia; o rol de Elena de Mefistofele, de A. Boito, no Théâtre du Passage Neuchâtel e no Théâtre Equilibre de Fribourg en Suíza, entre moitos outros.

HELEN CHEN LEE

Mestra Invitada de Canto

A súa voz naturalmente agradable valeulle para obter moitos  premios académicos internacionais.

Carnegie Recital Hall e unha serie posterior de actividades de ópera en asociación co Metropolitan Opera Studio en Nova Iorque e o Geneva Opera Center en Suiza fixo que obtivese críticas tan boas como “Unha voz virtualmente perfecta, clara e enfocada cun fermoso timbre de campá” (MUSICAL AMERICA) e “unha voz atractiva, enérxica e con bo control dinámico” (THE NEW YORK TIMES).

Actualmente é mestra na Facultade de voz de The School of Music na Universidade de Columbia Británica (UBC), Canadá.

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

SEBASTIÀ PERIS

Mestre Invitado de Canto

Sebastia Peris iníciase aos oito anos como percusionista e posteriormente estuda Canto con Patricia Llorens no Conservatorio Superior de Música Joaquín Rodrigo de Valencia.

Gaña o 1ºPremio de Canto no Concurso Nacional de Canto de “Xuventudes Musicais de España”.

Participou como representante español no “Festival Europeo de Solistas”, así como na “Tempada de Zarzuela de Caracas”.

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

Outros vídeos:

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

BORJA QUIZA

Mestre Titular de Canto

Barítono galardonado o premio Opera Actual a mellor cantante lírico xoven e o premio ao mellor cantante de Zarzuela dos prestixiosos premios líricos Teatro Campoamor de Oviedo. Interpretou o papel de Don Giovanni no filme Io Don Giovanni de Carlos Saura

Actuou nos principais teatros españois: Teatro Real, Teatros del Canal e Auditorio Nacional de Madrid, Liceu e Auditori de Barcelona, Palau de les Arts de Valencia, La Fenice di Venezia, Carlo Felice di Genova, Ander Wien de Viena, Comunale di Bologna, Maggio Musicale Fiorentino, Reate Festival di Rieti, Accademia Nazionale di Santa Cecilia di Roma, Auditorium di Milano, Luciano Pavarotti di Módena, etc.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies