fbpx

Condicións xerais de contratación

A contratación dos servizos académicos ofertados por medio da páxina web www.csmgalicia.com (en adiante, “CSM Galicia”) supón a aceptación das seguintes condicións xerais da contratación (en adiante, “condicións xerais”).

Mediante a aceptación das Condicións Xerais, vostede manifesta:

  • Que é unha persoa maior de idade e coa capacidade xurídica necesaria para contratar ou, no seu caso, que dispón da autorización do titor legar para facelo.
  • Que leu, entender e acepta as Condicións Xerais.

As Condicións Xerais teñen por obxecto a contratación dos servizos académicos ofertados polo CSM Galicia por medio da súa páxina web, isto é, a formalización da matrícula nalgunha materia ou programa formativo ofertado.

Os datos identificativos do CSM Galicia constan na política de privacidade da web.

A información relativas ás normativas en materia de protección de datos persoais está dispoñible en: https://www.csmgalicia.com/politica-de-privacidade/

O CSM Galicia ofrece, por medio da súa páxina web, formación musical de distintos niveis.

O CSM Galicia poderá modificas as Condicións Xerais notificándoo aos estudantes coa debida antelación a fin de mellorar os servizos ofertados por medio de www.csmgalicia.com. Mediante a modificación das Condicións Xerais expostas na páxina web do CSM Galicia, entenderase por cumprido dito deber de notificación. En todo caso, antes de utilizar os servizos ofrecidos na páxina web, recoméndase aos estudantes que consulten as Condicións Xerais.

O proceso de contratación, isto é, a formalización da matriculación, realízase no prazo establecido no calendario académico do CSM Galicia e mediante as canles online establecidas para esta finalidade na páxina web do CSM Galicia.

Para poder formalizar a matrícula, os estudantes teñen que cumprir con todos os requerimentos que se precisan para a matriculación da materia ou programa formativo correspondente.

Unha vez completado o proceso de matriculación, o estudante recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación. Esta comunicación non implica que o estudante fora admitido no CSM Galicia, posto que a admisión depende do cumprimento das condicións de acceso que teña fixadas o Centro para cada unha das titulacións.

O CSM Galicia resérvase a potestade de anular a docencia de materias e de programas formativos por baixa matriculación ou outros motivos. Se a materia ou programa formativo se anula por esta causa, comunícase a todos os estudantes matriculados para que podan optar, ou ben, pola devolución do importe abonado en concepto de matrícula, ou ben, pola substitución doutra materia ou programa formativo. Neste caso, se o importe da matrícula é superior ao importe inicialmente pagado, o estudante abonará a diferencia e viceversa, se o importe da matrícula é inferior, o CSM Galicia ten que devolver a diferencia.

O estudante poderá exercer o dereito de renuncia da matrícula, sen ningún tipo de xustificación nin penalización, no prazo máximo de catorce (14) días naturais, a contar a partir da data da súa formalización.

Para exercer o dereito de renuncia, o estudante ten que facer a solicitude correspondente vía info@csmgalicia.com

O CSM Galicia reintegrará ao estudante o importe da matrícula abonado nun prazo máximo de catorce (14) días naturais, a contar a partir da data de recepción da solicitude correspondente. A devolución farase mediante un ingreso á conta corrente que o estudante facilite para tal fin.

O CSM Galicia non asume responsabilidade algunha pola non execución ou o retraso na execución de calquera das obrigas contraídas en virtude das Condicións Xerais se tal falta de execución ou retraso resultase ou fora consecuencia dun suposto de forza maior ou caso fortuíto.

O estudante pode efectuar reclamación, suxerencias ou comentarios vía info@csmgalicia.com

Infórmase de que o uso fraudulento de tarxetas de crédito ou a denegación da operación de cobro por calquera causa, dará dereito ao CSM Galicia a rescindir a contratación do curso ou programa académico adquirido, sen prexuízo das responsabilidades civís e penais correspondentes.

O feito de non pagar a matrícula, ou algún dos seus fraccionamentos, nos prazos de vencemento establecidos para cada forma de pago, pode dar lugar á suspensión temporal dos dereitos do estudante, e se procede, a anulación da matrícula e dos efectos que esta producise, sen dereito a ningún reintegro.

O CSM Galicia esixe, como condición previa de matrícula ou expedición de títulos ou certificados, o pago das cantidades pendentes por matrículas en calquera programa formativo ou curso académico, e os intereses de demora correspondentes, se procede.

No caso dos estudantes que se matriculen no CSM Galicia aplicando un código de desconto, deberán cumprir os requerimentos esixidos polo CSM Galicia e que dan dereito á obtención deste beneficio. O CSM Galicia resérvase o dereito a corroborar a concorrencia destes requerimentos e, en caso de comprobar que estes non se cumpren, poderá anular a matrícula ou dar a opción ao estudante de anulala ou de pagar o importe total da materia ou do programa formativo sen o desconto.

O CSM Galicia non garantiza a dispoñibilidade permanente dos servizos ofertados na páxina web, así como na súa Aula Virtual, e queda excusado de calquera tipo de responsabilidade por posibles danos e prexuízos causados debido á indispoñibilidade dos servizos por causas de forza maior ou erros nas redes telemáticas de transferencia de datos alleos á súa vontade.

O CSM Galicia non se fai responsable do contido das ligazóns a outras páxinas web que non sexan titularidade súa e que, por tanto, non poden ser controladas por el.

Para a interpretación e aplicación das presentes condicións xerais de contratación, as partes se someten, con renuncia a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais asociados á ubicación física do CSM Galicia.

Todas as noticiación, requerimentos, peticións e outras comunicacións que sexa necesario efectuar polas partes en relación coas Condicións Xerais deberán realizarse por escrito e se entenderá que foron debidamente realizadas cando foran enviadas por correo electrónico a info@csmgalicia.com

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies