fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Corda Fretada 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

SERGIO HEREDIA

Mestre Invitado de Violín

Estudou con Unnur Palsdottir, con Tatiana Liberova e con Yuri NasushkinAmplía a súa formación e tamén recibe clases de música antiga con Jaap Schröder, Barry Sargent e Rinaldo Alesandrini. Participou en diferentes proxectos e gravaciones para TV, cine, radio e a industria discográfica.

Actualmente é docente, integrante de diferentes agrupacións e director da Xove Orquesta Filharmónica da Cidade de Pontevedra.

Podes ser o seu currículo completo aquí.

DEBORAH HAMBURGER

Mestra Titular de Violín

Nada na India, Deborah estudou na Universität für Musik und Dartsellende Kunst (Viena).
Colaborou con orquestras de Austria, Alemaña, Suíza, Dinamarca, Inglaterrra, Xapón, India e España.

Co-fundadora do ensemble Orphelion, con que realizou numerosas xiras e gravaciones.

Actualmente é violinista na Orquesta Sinfónica de Galicia e mestra da Orquesta Joven de la Orquesta Sinfónica de Galicia e da JONDE.

Podes ler o seu currículo completo aquí .

IASON KERAMIDIS

Mestre Titular de Violín

Iason Keramidis naceu en Kavala, Grecia en 1985. Estudou en Hochschule für Musik und Darstellende Kunst Stuttgart e máis tarde na Hochschule für Musik Karlsruhe.

Como solista apareceu coa Sofia Symphonic Orchestra, a Symphonic Orchestra of the Municipality of Thessaloniki, a Baden-Baden Philharmonic Orchestra, The City of Athens Symphony Orchestra, a Moravian Philharmonic Orchestra Olomouc e a German Philharmonic Orchestra Rhineland-Palatinate.

Actualmente é Associate Concertmaster da Münchner Philharmoniker.

Outros vídeos:

Podes ler o seu currículo aquí.

NATALIA ARESTOVA

Mestra Titular de Viola e Música de Cámara

Natalia Arestova naceu en Rusia, na cidade de Zheleznogorsk, (rexión de Krasnoyarsk ). Comezou a estudar viola en Krasnoyarsk. En 2013 recibe un diploma como artista, mestra e concertino por parte do Ural State Conservatory da man de Evgeny Zheleznyakov. Posteriormente obtivo o seu diploma de postgrado en música de cámara coa Dra. Elena Lukyanova por parte da mesma institución. Forma parte de diferentes festivais como Symphonic Orchestras of the World Festival onde actuou coa United Russian Symphonic Orchestra (Moscú, Rusia); Classics in the Streets (Bad Ragaz, Suíza); Young Euro Classics (Berlín, Alemaña); Suoni dal Golfo (Lerici, Italia); 65th Festival Puccini (Torre di Lago, Italia), entre outros.

Realizou concertos con diferentes agrupacións como Tomsk Symphony Orchestra; o InterText; o Ekaterinburg Opera and Ballet Theatre; e o Tyumen Philharmonic Orchestra. Entre os anos 2017 e 2018 tocou en agrupacións de música de cámara no Beijing Exposition Center.

JULIO LÓPEZ

Mestre Principal Invitado de Viola

Julio López naceu en San Pedro Sula, Honduras. Realiza os seus estudos superiores de viola na Hochschule für Musik Freiburg (Alemaña) becado por Deutsche Stiftung Musikleben.

Foi invitado en diferentes orquestras como a Orquesta de Cámara de Tromsø e a Orquesta Filarmónica Artica de Noruega.

Forma parte do Tertis Viola Ensemble co que gravou un aclamado CD co selo OehmsClassics.

Actualmente é violista da Münchner Philharmoniker.

Podes ler o seu currículo completo aquí .

Podes ler o seu currículo completo aquí.

TIMUR SADYKOV

Mestre Titular de Viola

Iniciou os seus estudos musicais aos 5 anos na Escuela Especial de Música de Kazán e posteriormente con G.H. Hodjaev. No 1988 entrou no Conservatorio Estatal e no 1994 obtivo os diplomas de violín solista, artista de orquestra e mestre de violín.

Foi Concertino na Orquesta Sinfónica Estudiantil, formou parte da Orquesta de Cámara La Primavera, tocou na Orquesta Estatal Filarmónica de Kazan e foi membro da Gustav Mahler Jugend Orchester, da Orquesta de Moscú, da Orquesta Sinfónica Estatal  e da Orquesta de Cámara de Moscú.

Actualmente é membro da Real Filarmónica de Galicia.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

MILLÁN ABELEDO

Mestre Titular de Violoncello

Cursou os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza), continuou estudando na Escuela Superior de Música Reina Sofía (Madrid) e na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). 

Recibiu o I Premio Concurso Nacional de Violoncello (Carcaixent) e o I Premio Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal), entre outros.

Colaborou en orquestras como a Orquesta Nacional de España, a Sinfónica de Galicia, a Orquesta de Cámara Reina Sofía, a Orquesta de la Comunidad Valenciana del Palau de les Arts ou a Tsingtao International Music Festival Orchestra (China).

Actualmente é violonchelista na Real Filharmonía de Galicia e é mestre de violoncello na Escuela de Música Berenguela

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ÁNGEL LUIS QUINTANA

Mestre Principal Invitado de Violonchelo

Violonchelo Solista da Orquesta Nacional de España, mestre do Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona e mestre invitado do Conservatorio de Rotterdam.

Foi Primer Premio de distintos Concursos Nacionais (Juventudes Musicales, Dirección General de Música y Teatro ). Participa regularmente en prestixiosos Ciclos de Cámara con agrupacións como Plural Ensemble, Zarabanda, e Camerata Sa Nostra e en Festivais Internacionais como Presences 2000 (Paris), A Tempo (Caracas), Dublin, EEUU etc.

Formou parte do Claustro de Mestres de Música en Compostela entre 2013 e 2018 e recentemente do Jurado Internacional A. Janigro (Croacia).

LIINA LEIJALA

Mestra Titular de Violonchelo

A violonchelista Liina Leijala nace no 1984 en Keuruu, Finlandia. Estudou na Sibelius-Akatemia, na Escuela Superior de Música Reina Sofía e na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien.

Colaborou con orquestras como a Mahler Chamber Orchestra, a Orquesta de Cámara Salzburg Chamber Soloists ou a Verbier Festival Orchestra.

Na actualidade é directora do Barenboim-Said Foundation Center, mestra de violonchelo na Wiener Musikakademie e no Barenboim Said Foundation Center. É violonchelista en Trio Global.

Podes ler o seu currículo completo aquí .

EMILIO YEPES

Mestre Titular de Contrabaixo

Nace en Cartaxena e se traslada a Madrid para estudar na Escuela Superior de música Reina Sofía. Completa a súa formación na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin.

Apareceu como solista en orquestras como a Accademia Mahler de Bolzano ou a Sinfonietta Linz. Colabora regularmente coa Westdeutscher Rundfunk Orchester e coa Orquesta del Festival de Bayreuth.

Actualmente é membro da Münchner Philharmoniker.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

TODD WILLIAMSON

Mestre Titular de Contrabaixo

Realizou o seu Bachelor of Music en University of North Texas (EEUU) e ao finalizalo, estudou o Master of Music en New England Conservatory of Music (Boston, EEUU). Posteriormente, cursou dous anos de Doctor of Musical Arts en University of North Texas (EEUU). 

Estivo na Malaysian Philharmonic Orchestra como sub-principal e na Hong Kong Philharmonic Orchestra. En Hong Kong daba clases de repertorio orquestral na Hong Kong Academy for Performing Arts.

Nos Estados Unidos tamén colaborou con outras orquestras como Fort Worth Symphony, Boston Philharmonic, Portland Symphony ou a New World Symphony. Ao longo da súa carreira actuou como contrabaixo principal para a Sinfónica de Galicia, a Orquesta Gulbenkian en Lisboa (Portugal) e a Orquesta Sinfónica de Kyushu en Fukuoka (Xapón). 

ANTONIO ROMERO

Mestre Titular de Contrabaixo

Cursou os estudos superiores de contrabaixo no Conservatorio Superior da Coruña e continuou cun Curso de Formación Continua na ESMUC. 

Máis tarde obtivo o Master of Performance no Royal College of Music de Londres e realizou un Máster en Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska

Colaborou con distintas orquestras como a Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquesta Sinfónica de RTVE

Outros vídeos:

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies