fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Dirección

Podes ver o seu currículo completo aquí.

CRISTÓBAL SOLER 

Mestre Titular de Dirección

Considerado como un dos directores máis importantes da súa xeración, a crítica foi unánime ao salientar o seu carisma e profundidade interpretativa, ademais dunha precisa e consolidada técnica de dirección. Foi seis tempadas director titular do Teatro da Zarzuela de Madrid. 

Despois de finalizar os seus estudos superiores de composición e dirección de orquestra, cursa o Máster de Dirección de Orquestra na Universidade de Munich, coas máximas calificacións.

Foi director artístico musical e fundador da Orquestra Filharmónica da Universidade de Valencia (1995-2010), que conseguiu o 1º Premio do Concurso Internacional de Xoves Orquestras Sinfónicas, celebrado en Viena en 1998. 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

BORIS PERRENOUD

Mestre Invitado de Dirección

Boris Perrenoud, naceu en Suíza en 1966. Fillo do compositor Jean-Frédéric Perrenoud, comezou aos 6 anos a estudar violín e deu os seus primeiros concertos como solista en Suíza e no estranxeiro aos 10 anos.

Dirixiu o seu primeiro concerto con 14 anos e foi escollido aos 17 anos, para dirixir a Orquestra Sinfónica de Boston en Salzburgo. Aos 19 anos, recibiu o seu diploma de capacidade profesional en teoría de violín e música no Conservatorio de Neuchâtelois.

Continuou os seus estudos na clase de dirección no Konservatorium der Stadt Wien, Privat Universität (Austria) e obtén o seu diploma con distinción.

Actualmente é director da Wiener Musikakademie.