fbpx
¡COMPÁRTEME!

A soprano dramática española Lorena Valero salienta pola súa elevada técnica vocal e a súa indisimulable sensibilidade (mundoclasico.com); Perfecta interpretación do rol e voz homoxénera en todos os seus rexistros (Opera Actual); Bellísima voz de timbre particular, con sensibilidade emotiva e escénica e co paso de diferentes rexistros con gran naturalidade (La Recensione, Reggio di Calabria). 

Durante a súa traxectoria profesional, interpretou o rol de Santuzza de Cavalleria Rusticana de P. Mascagni, na Opéra -Théâtre Metz Métropole en Francia; o rol de Elena de Mefistofele, de A. Boito, no Théâtre du Passage Neuchâtel e no Théâtre Equilibre de Fribourg en Suíza; o rol de Aida no Festival im Berg de Salzburgo. O rol de Suzuki, de Madame Butterly de G. Puccini, no Teatro Principal de Palma de Mallorca e no Teatro Cilea de Reggio di Calabria; o rol de Rosario, de Goyescas de Granados, no Palau de la Música de Valencia e no aniversario polo nacemento do compositor E. Granados no Teatro da súa cidade natal Lleida, así como o rol de Salud, de La Vida Breve, de M. de Falla, na Opéra – Théâtre Metz Métropole en Francia.

 

Comeza a súa traxectoria profesional como soprano lírica, debutando os roles principais do gran repertorio operístico como Violetta de La Traviata, de G. Verdi, coa Orquestra e o Coro do Teatro de la Ópera Nacional de Odessa e Liù de Turandot, de G. Puccini, coa Orquestra e o Coro do Teatro da Ópera Nacional de Donetsk (Ucrania). Entre outros títulos do repertorio español, ao que sempre presta especial atención, figuran o rol de Raquel, de El huésped del sevillano, de J. Guerrero xunto á Orquestra de Radio Televisión Española no Teatro Monumental de Madrid. Interpretou Vier letzte Lieder de Strauss xunto á Orquesta Filarmónica de la Universidad de Valencia no Auditorio de Zaragoza e o rol principal de Aida de G. Verdi, en versión concerto, coa orquestra “Fundación Excelencia” no Auditorio Nacional de Madrid.

Gañou o “Premio Extraordinario Grandi Voci” no Concurso Internacional de Canto “Grandi Voci” de Salzburgo.

 

Din que o mundo da música é complicado, pero considero que escoller un instrumento tan íntimo como a voz pode selo aínda máis, en que momento da súa vida escolleu estudar canto e dedicarse profesionalmente á música?

Creo que desde bebé. Conta miña nai que con tres meses intentaba imitala cando ela me cantaba “picaditos” (staccato). Miña nai ten unha voz marabillosa de soprano lírica. Ela sempre nos cantaba. Lembro de xeito moi intenso cantar xunto a ela “a pleno pulmón”, mentres me bañaba, o Ave María de Schubert ou La Santa María de César Frank. Estou segura de que aí eu xa o tiña claro, que quería cantar como a miña nai. Aos 12 anos convencina para que ingresara nun coro, onde cantaban uns amigos seus, para así poder ingresar eu tamén, e así foi, iso si, á miña nai déronlle a praza de solista cando a escoitaron.

É coñecida como soprano lírica e interpretou numerosos papeis e roles en óperas e zarzuelas. Probou outros xéneros musicais? Con que interpretacións se sentiu máis cómoda?

Interpretei, con 17 anos, no musical “Alias Petra”, á nai da Madre Petra e ao meu irmán o escolleron para interpretar ao seu mozo. Este musical foi creado para a Beatificación da Madre Petra, Fundadora da Congragación “Madre de Desamparados” do meu colexio. Fixemos unha xira por Italia e o interpretamos para o  Papa Juan Pablo II, un día antes da súa Beatificación.

 

Na miña época como soprano lírica, foi Liù de Turandot, un dos roles nos que máis cómoda me sentín pero foi o rol de Violetta de La Traviata, o que marcou un antes e un despois na miña traxectoria, xa que foi quen de interpretala sen ter realizado nin un ensaio, é decir, do estudo en casa leveina directamente ao escenario con público. Máis tarde viñeron roles máis dramáticos a nivel vocal, Salud, de Vida Breve y Santuzza, de Cavalleria Rusticana, son roles nos que me sentín e me sigo sentindo moi cómoda.

 

O pasado fin de semana do 13 ao 15 de Febreiro, no CSM Galicia, puidemos ver a unha Lorena Valero mestra, como se sinteu? Foi anteriormente mestra de canto?

Sentinme repleta de satisfacción. Observar como as alumnas melloran coas miñas indicacións e sentir a súa alegría, sorpresa e esperanza de conseguilo, de verdade, apórtame moitísimo a nivel espiritual. É difícil explicalo con palabras…

Din algunha clase de canto solta a compañeiras de reparto que mo pedían ou a amigas que me dun atopando nesta marabillosa profesión de cantante, pero unha Master Class deste tipo é a primeira que se cruzou no meu camiño.

 

Puidemos ver as súas clases e quedamos anonadados con todo o talento que había nelas. As alumnas estiveron moi receptivas nas súas leccións, cal é a mellor experiencia que se leva desta Master Class?

Que todas elas sacaron cousas positivas e espertar nalgunhas delas unha sutil curiosidade, necesaria para poder comezar a carreira de cantante lírica.

 

Tamén nos percatamos que a pesar de que a técnica vocal se sustenta en diferentes bases e exercicios, vostede sabía que necesitaba cada unha delas ofrecendo unha formación personalizada e individualizada, como consegue ver nelas as posibles melloras?

Desde que empecei a estudar canto co meu mestre en Valencia, José Cuéllar, aos 13 anos, sempre apaixonou a técnica vocal, ata entón cantaba por intuición e imitación á vocalidade da miña nai.
Máis tarde viñeron máis mestres en España, Polonia, Italia e Alemaña e sempre intentaba sacar o máximo partido das súas ensinanzas.

Aos 23 anos coñecín á mestra que máis me marcou e coa que estudei en Viena durante 5 anos, Margarita Lilova,  mezzo-soprano solista da Opera de Viena na época Karajan. Ela ensinoume a técnica, que actualmente teño consolidada. Durante este período estiven, ademais, asistindo a todas as súas clases na universidade como oínte, desde o primeiro alumno da mañá ata o último da tarde. Isto axudouse moitísimo a desenvolver a miña técnica e a miña capacidade auditiva; no segundo no lembro que xa adiviñaba, en moitas ocasións, as correccións indicadas aos alumnos.

Tamén me empapaba de libros de técnica vocal, biografías e entrevistas de grandes cantantes. Aínda hoxe en día aproveito calquera ocasión para seguir aprendendo. 

 

A clasificación dos rexistros vocais vai máis alá de soprano, mezzosoprano e contralto, como por exemplo soprano lírica, de coloratura, etc. Cales son os criterios que segue para definir o tipo de voz de cada persoa? Na Master Class había diferentes voces?

Este é un tema complicado e delicado. Personalmente, en primeiro lugar ríxome pola cor da voz. Despois xa me fixo onde esiste o paso da voz, é dicir, o cambio de rexistro. Tamén é importante ter en conta o nivel de axilidade na voz, o volume, a cantidade e calidade de harmónicos, a extensión da tesitura, etc.

Estas características se van desenvolvendo conforme a técnica vai mellorando. Pero existen voces que son moi difíciles de clasificar como por exemplo a da denominada Soprano “Falcone”, Zwischenfach Sopran, en alemán, como a súa tradución literal indica, este tipo de voz pode abordar papeis de mezzo-soprano e papeis de soprano dramática.

Na Master Class tíñamos, por sorte, unha gran diversidade de voces, de feito, cada unha delas cunha vocalidade diferente. É dicir, seis tipos de voces.

 

Escolleu ás súas seis alumnas como participantes do concerto de ópera e zarzuela que preparará o mestre Soler. Foi difícil seleccionar a menos candidatas?

Hai varios niveis, pero todas elas son quen de participar na preparación e realización do concerto.

 

Sobre o concerto, que pode adiantarnos do que veremos?

Cada alumna interpretará un aria de ópera e unha romanza de zarzuela acompañadas por unha orquestra sinfónica, onde se poderá apreciar as diferentes características vocais de cada alumna, así como a variedade de repertorio.

 

Centrándonos no CSM Galicia, como definiría a súa estancia connosco? No noso caso, estamos encantados de terte no noso centro durante estes días e agardamos vela pronto.

Inesquecible.

 

Finalmente, colaborou co alumnado de dirección da Master Class de Cristóbal Soler e coa “Camerata Arven” no concerto final do domingo 16 de Febreiro. Que lle pareceu esta forma de rematar as xornadas das master classes?

Nada mellor que finalizar facendo música e compartíndoa con persoas marabillosas.

 

      + info sobre Lorena Valero: WebFacebookYoutube.


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies