fbpx
¡COMPÁRTEME!

Cristóbal Soler é, en opinión unánime da crítica, un dos directores máis salientados da súa xeración, caracterizado por unha traxectoria ascendente na que sempre plasmou o seu carisma e profundida interpretativa.  É coñecido por ser director titular do Teatro da Zarzuela de Madrid durante seis tempadas, fundador e director artístico-musical da Orquestra Filharmónica da Universidade de Valencia e por colaborar con moitas das grandes agrupacións do panorama musical actual como a Orquestra e Coro de RTVE, a OBC Nacional de Cataluña, a Orquestra de Valencia, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra da Comunidade de Madrid, e un longo etcétera.   Como presidente de AESDO (Asociación Española de Directores de Orquesta), Cristóbal Soler axuda a que “os máis grandes presten a man aos máis pequenos” e o próximo curso 2019-2020 continuará con este grande obxectivo desde o novo Centro Superior de Música de Galicia, en calidade de mestre do itinerario de Dirección. Falamos con el sobre o seu pasado, presente e futuro e a súa próxima incorporación ao CSM Galicia.   Que é para ti a música? A música é a miña vocación, unha marabillosa filosofía de vida que marca o meu día a día e me fai desfrutala con paixón.   En que proxectos estás traballando actualmente? Hoxe en día estou  centrado na dirección musical e na gravación para Warner dun programa do patrimonio lírico español coa Orquestra e Coro de RTVE en colaboración co Patrimonio Nacional.

Sempre é positivo que proliferen novos espazos como CSM Galicia, nos que os profesionais da música poidan formarse, nos que poidan desenvolver con rigor todas as súas capacidades.

Tes en mente provectos novos nos que te veremos a curto ou medio prazo? O máis inminente no que me poderedes ver será a dirección musical da gala de entrega dos Premios Princesa de Asturias, coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias e o Coro da Fundación Princesa de Asturias, e tamén dirixindo as dúas novas producións do Palau de les Arts.   Que momentos da túa traxectoria no panorama musical lembras con máis cariño? Pois a verdade é que gardo un gran recordo do período de formación como asistente da Orquestra Sinfónica de Viena. Foron dúas tempadas nas que puiden aprender moito de grandes mestres como Sawallisch, Prêtre, Fedoseyev ou Mariss Jansons.   Como é Cristóbal Soler fóra do escenario? Igual que no escenario, apaixonado no que amo.   Cristobal Soler itinerario direccion CSM Galicia   Cales son os puntos fortes das orquestras actuais? Que botas en falta nelas? O nivel técnico musical instrumental é maior, pero si que é certo que fai falla maior flexibilidade profesional, intentando evitar a rutina na música.   Falemos do CSM Galicia… Facía falta un novo Centro Superior de Música en Galicia? Sempre é positivo que proliferen novos espazos como CSM Galicia, nos que os profesionais da música poidan formarse, nos que poidan desenvolver con rigor todas as súas capacidades. A nosa é unha profesión de evolución e aprendizaxe constante, que necesita moita dedicación e motivación.   Que aportará Cristóbal Soler aos seusalumnos? Dedicación, implicación e a miña experiencia musical de máis de 30 anos na dirección orquestral profesional.   Como xorde a idea de ser mestre de Dirección no CSM Galicia? Grazas á boa relación que teño con Manuel e Pere Molina (director e codirector do CSM Galicia), que foron alumnos meus de dirección de orquestra e que me propoñeron formar parte do seu equipo neste novo proxecto.   Vives entre grandes cidades afastadas de Valga, onde está o CSM Galicia, e aínda así serás mestre de dirección do centro. Que é o que leva a un dos directores máis reputados do panorama actual a apostar por este novo proxecto? É un novo proxecto, por iso sen inercias ao inmobilismo e coa capacidade de crear un proxecto de excelencia musical como referencia.   Cristobal Soler director Centro Superior de Musica de Galicia   Que lle dirías aos alumnos reticentes a optar por formación musical privada? Que a formación de excelencia é a mellor inversión e, en ocasións, a atopan nos centros privados, ao final dependerá do profesorado.   Que consellos lle darías aos músicos que comezan os estudos superiores o curso que vén? Que traballen duro, con perseverancia e paixón para conseguir o máximo nivel musical, que é a esixencia fundamental no mundo profesional.  Que cres que necesitarán para conseguir ese máximo nivel musical que comentas? Dedicación exclusiva á música, eso si, sabendo conciliar a música coa vida persoal.   Xa para rematar, cales son os valores máis importantes que debe ter un músico profesional? Sen dúbida debe aspirar a conseguir a excelencia nos valores humanos, na música e na súa especialidade.     + info sobre Cristóbal Soler:  WebFacebookTwitterYoutubeVimeo.


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies