fbpx
¡COMPÁRTEME!

Ilona Timchenko é fundadora e directora artística do Festival Peregrinos Musicais. Pianista de recoñecido prestixio internacional, recibiu máis de 20 premios ao longo da súa traxectoria e tocou nalgunhas das máis prestixiosas orquestras de Europa. Desde o seu primeiro premio na Abstract Securitirs Landor Competition, no Cadogan Hall de Londres e o galardón no International Records Review, a súa fama e recoñecemento foron o ascenso grazas ó seu recoñecido talento e capacidade de innovación: Timchenko foi a primeira pianista que fixo 24 preludios e fugas de Schostákovich en versión concerto en Italia.

 

Falamos con Ilona Timchenko en relación á súa incorporación como mestra de piano do CSM Galicia e isto é o que nos contou:

 

Que é para ti a música?  

 

Realmente non lembro a miña vida sen música, a música é toda a miña vida.

 

En que proxectos estás centrada actualmente?

 

Agora estou realizando varios proxectos como membro do trío internacional Metamorphoses, tales como xiras e gravacións.  Tamén estou inmersa na décima edición do Festival Peregrinos Musicais, que une a mozos e mozas solistas de todo o mundo.

 

 

Teño unha vida intensa e no CSM Galicia as condiciones son idóneas. Ademais está ubicado no centro de Galicia, o que me permite decirlles aos alumnos que poden aprender de mín moi cerca de calquera cidade de Galicia.

 

 

Tes en mente proxectos novos nos que te veremos a curto ou medio prazo?

 

Por suposto, pero vouvos deixar coa intriga porque os anunciarei máis adiante 🙂

 

 

Que momentos salientarías da túa gran traxectoria no panorama musical? 

 

Creo que sería unha resposta moi longa. Empezando por atopar e estar moi preto de grandes músicos como Sofía Gubaydulina, Albert Lehman, Anton Garcia Abril, Marc Lubotsky ou Lasar Berman, que merecen cada un o seu capítulo, e ontinuando por moitos momentos curiosos e a veces extremos na miña vida escénica.

 

Como es fóra do escenario?

 

Encántame aprender cousas novas e se fora posible dedicaríame a moitísimas cousas máis. Tamén valoro moito pasar o máximo tempo posible coa miña familia.

 

 

Cales son os puntos fortes dos pianistas actuais? Que botas en falta neles?

 

Salientaría como punto forte a súa intención de ser perfectos tecnicamente. Moitas veces boto en falta personalidade e emotividade cando interpretan unha obra.

 

 

ilona timchenko procesora csm galicia

Ilona Timchenko durante unha masterclass no Auditorio de Valga. Foto: Vincutato

 

 

Falemos do CSM Galicia… Facía falta un novo Centro Superior de Música en Galicia?

 

Apoio esta iniciativa plenamente e por iso vou ser mestra de piano en CSM Galicia. Paréceme moi importante dispor dun centro destas características en Galicia.

 

 

Cales serán os obxectivos que terás cos teus alumnos?

 

Gustaríame darlle a oportunidade aos alumnos de aproveitar o seu tempo de estudos ao máximo, tanto a nivel de dedicar máis tempo a estudos propios como de abarcar o maior repertorio posible. Tamén vou promover ao máximo a adquisición de experiencia escénica, tanto en solo como con diferentes formacións.

 

 

Que é o que levou a unha pianista da túa reputación a apostar por este novo proxecto?

 

A verdade é que me invitaron a ser mestra noutros centros, algúns deles de fóra de España. Despois de facer varias masterclases, algúns alumnos queren seguir estudando comigo e preguntaron en que centro estou. Teño unha vida intensa e no CSM Galicia as condicións son idóneas. Ademais está ubicado no centro de Galicia, o que me permite decirlles aos alumnos que poden aprender de mín moi cerca de calquera cidade de Galicia.

 

+ info sobre Ilona Timchenko: 

Web

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies