Quedaches sen festival de fin de curso?
O CSM Galicia idea unha solución para eses centros educativos que, desafortunadamente, non puideron realizar o seu festival de fin de curso. Queremos dar a oportunidade a todo o alumnado deses centros, de poder desfrutar dunha tarde de música de calidade e entretemento. Contamos con músicos de primeiro nivel e gran calidade, polo que se nos ocurreu realizar, de forma online, concertos para os centros educativos. Non hai mellor forma de desfrutar da boa música que dende o salón da casa!
Instrucións para participar
Se es docente, director ou persoal dalgún centro educativo, o primeiro que debes facer é ir correndo a contarllo a todo o mundo! Para realizar esta actividade, faremos unha selección dos centros educativos. Para participar, cubre o seguinte formulario.
Cando teñamos a listaxe de centros definitiva, porémonos en contacto con cada un e avisaremos se te escollemos ou non.
Moita sorte!