fbpx
¡COMPÁRTEME!

 

Este venres 22 de Novembro foi un día para o recordo do Centro Superior de Música de Galicia e o equipo de persoas que fan posible o seu funcionamento, para Valga e para a música. Máis de 300 persoas asistiron á cita da Inauguración do CSM Galicia nun auditorio de Valga que viviu numerosos momentos emotivos, tanto para os tres socios creadores do proxecto, María Jesús Rey, xerente, Manuel Villar, director, e Pere Molina, codirector, como para o alcalde de Valga, José María Bello, que presidiu o evento xunto co Delgado Territorial da Xunta, José Manuel Cores.

 

 

 

 

Non faltaron á cita mestres do CSM Galicia, alumnos, amigos e familiares da gran familia do Centro Superior de Música de Galicia e vecinos do pobo.

 

 

 

 

O evento, presentado por Héctor Bermúdez, director da radio de Valga, que deu paso aos discursos de Manuel Villar, Javier Morgade (xefe de estudos do CSM Galicia), Cristóbal Soler (mestre de Dirección), Pere Molina, José María Bello e José Manuel Cores.

 

Durante a súa intervención, Manuel Villar falou do soño cumplido que moitos etiquetaron de tolería, de crear un centro superior de música de Galicia no pobo de Valga. Contou a historia de como el e Pere Molina compartían ese soño e como puderon sacalo adiante grazas á ilusión, a paixón, o traballo duro e a fantástica acollida institucional que recibiu o proxecto. Tamén salientou que o CSM Galicia conta xa coa confianza de 40 alumnos e que a administración do centro está recibindo ducias de solicitudes de información de cara ao próximo curso.

 

 

 

 

A continuación, un vídeo resumeu en imaxes a filosofía e características del Centro:

 

 

 

 

Tras o vídeo, Yuri Durán, alumno de piano do CSM Galicia, interpretou o segundo e terceiro movemento do Concierto Italiano BWV 971 de J. S. Bach.

 

 

 

 

Emotivas palabras durante o evento

 

Pola súa parte, Javier Morgade, xefe de estudos do CSM Galicia, transmitiu a súa ilusión polo proxecto e o honrado que se sinte de coordinar o equipo de mestres na que, sen dúbida, é a maior aventura que está vivindo con Manuel Villar, ao que coñece dende hai moitos anos e co que comparteu distintos proxectos.

 

O mestre Cristóbal Soler, mestre de Dirección, non quixo perderse o evento e viaxou desde Madrid para poder acompañar á xa gran familia do CSM Galicia na súa festa de inauguración. Durante a súa intervención falou dos beneficios da música a nivel neurolóxico e lembrou que a vida do músico profesional é un sinfín de maletas e aeroportos que non sempre permiten asistir a eventos tan emotivos como a inauguración do Centro, pero que a súa axenda lle permitiu estar.

 

 

 

 

Dado que unha das características principais do Centro é que conta con mestres en activo, algúns deles non puideron asistir á cita, pero quixeron enviar vídeos dando unha cálida benvida a alumnos e asistentes á Inauguración do CSM Galicia desde localizacións tan dispares como Moscú (Natalia Arestova, mestra de viola), o festival de Jazz de Zaragoza (Abe Rábade, mestre de piano jazz) ou o Auditorio de Santiago de Compostela (Guillermo Collazo, mestre de tuba), por exemplo.

 

 

 

 

Pola súa parte, Pere Molina, codirector do CSM Galicia, explicou con emoción e ilusión a orixe do proxecto, unha  idea que tiñan en mente ambos directores e que finalmente decidiron desenvolver como socios: un centro nacido coa firme vocación de ser un referente no panorama nacional e internacional.

 

 

 

 

Actuacións dos mestres na Inauguración do CSM Galicia

 

Héctor Bermúdez tamén introduciu as actuacións dos mestres de saxofón (Adrián Pais), fagot (Álex Salgueiro), pianista de repertorio (Paula Gago), canto (Anna Melikhova), clarinete (Javier Morgade), así como de Yuri Durán e Martín Chaves, dous alumnos de piano do centro, que deixaron constancia do elevadísimo nivel que hai no CSM Galicia.

 

 

Adrián Pais, mestre de saxofón, interpretou a Partita en La m BWV 1013 de J. S. Bach:

 

 

 

 

Álex Salgueiro, mestre de fagot, e Paula Gago, mestra de repertorio con piano, interpretaron a sonata para fagot e piano de C. Saint-Saëns en Sol M Opus 168:

 

 

 

 

Anna Melikhova, mestra de canto, Javier Morgade, mestre de clarinete, e Paula Gago, mestra de repertorio con piano, interpretaron Der Hirt auf dem Felsen D965 de F. Schubert:

 

 

 

 

Tras a intervención do alcalde e do delegado territorial da Xunta, María Jesús Rey, Manuel Villar e Pere Molina obsequiaron ao alcalde de Valga cun bolígrafo do CSM Galicia como agradecemento polo seu apoio incondicional.

 

 

 

 

O evento finalizou cunha espectacular interpretación de Martín Chaves, alumno de segundo de piano do CSM Galicia, de la Rhapsodie espagnole S254, R90 de F. Liszt.

 

 

 

 

Inauguración do CSM Galicia na prensa

 

Os principais medios de comunicación de Galicia fixéronse eco do exitoso evento de inaguración do CSM Galicia. Compartimos os links a cada un deles:

 

1.- A Voz de Galicia:

 

2.- Faro de Vigo:

 

3.- O Correo Gallego:

 

4.- Novas Galicia:

 

5.- Radio Galega:

 

Fotos: Concello de ValgaVINCUTATO.

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies