fbpx
¡COMPÁRTEME!

O próximo 9 de Decembro CSM Galicia acollerá unha master class de Abe Rábade, mestre de piano jazz no Centro Superior de Música de Galicia.

 

O obxectivo da master class de Abe Rábade é conseguir un achegamento ao vocabulario jazzístico no piano, nas súas dimensións rítmica, harmónica e melódica. O entrenamento auditivo, o rítmico e as nocións de harmonía contemporánea serán a vía para este achegamento. Profundizarase en todos os recursos que permiten improvisar con solvencia a un instrumentista. Traballarase cunha selección de repertorio representativo do jazz: standards, temas be-hop e composición de corte máis contemporánea. Usaranse interpretacións a diversos tempos e atmosferas para ilustrar as posibilidades estéticas do jazz máis ortodoxo, pero tamén aberto ás influencias clásica, étnica e experimental.

 

Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU), dirixe un trío de jazz acústico desde 1996, formado por Pablo Martín Caminero al contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. É autor de máis de 200 composicións, compositor, director e forma parte do corpo docente da Esmae (Porto, Portugal). Conta cunha longa listaxe de premios, entre eles o Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas e o Piano Performance Award de Berklee College of Music. Podes ler o seu currículo completo aquí.

 

 

master class de abe rabade en csm galicia

 

 

HORARIO

 

De 9 a 14 e de 16 a 21

 

 

 

 

INSCRIPCIÓN

 

– MODALIDADE A: ALUMNO ACTIVO

Máximo alumnos activos: 10 prazas

Reserva de praza: 50 € (este importe non se devolverá en caso de non asistir finalmente á master class).

Matrícula: 85 €

 

– MODALIDADE B: ALUMNO OÍNTE

Alumnos oíntes: 15 prazas

Reserva de praza: 20 € (este importe non se devolverá en caso de non asistir finalmente á master class).

Matrícula para alumnos oíntes: 30 €

 

 

CERTIFICACIÓN

 

Certificado-Diploma de asistencia á master class de Abe Rábade emitido polo Centro Superior de Música de Galicia e o Excelentísimo Concello de Valga.

Para a súa obtención o alumno/a deberá ter asistido á totalidade das sesións da master class.

 

 

UBICACIÓN DAS CLASES

 

CSM Galicia – Auditorio de Valga, Ferreirós 1º A, Cordeiro. 36645 Valga (Pontevedra). Ver ubicación.

 

 

master class de abe rabade en csm galicia

 

Se tes dúbidas ou necesitas ampliar información, non dubides en contactar connosco

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies