fbpx
¡COMPÁRTEME!

 

Os días 28 e 29 de Novembro podedes asistir á master class de André Cebrián en CSM Galicia, mestre  de flauta do Centro Superior de Música de Galicia, pensada tanto para alumnos do Centro como externos.

 

Natural de Santiago de Compostela, realiza os seus estudos na súa cidade natal e nos conservatorios de Salamanca, Detmold e Xenebra cos mestres Luis Soto, Laurent Blaiteau, Pablo Sagredo, János Bálint e Jacques Zoon.

É invitado regularmete como solista de frauta por orquestras como a Sinfónica de Castilla y León, a do Gran Teatro del Liceu, a Malaysian Philharmonic Orchestra, a Scottish Chamber, a Filarmónica de Gran Canaria, a Sinfónica Ciudad de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC), a Spira Mirabilis ou a Orchestra Leonore de Pistoia. Colabora tamén con orquestras como a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, a Sinfónica de Tenerife, a Comunitat Valenciana, a Orquesta de Cadaqués, a Orchestra Mozart, a Staatskapelle Dresden, a Nacional do Porto, a Real Filharmonía de Galicia ou a Sinfónica de Galicia. Pertenceu á Gustav Mahler Jugendorchester durante cinco anos así como á JONDE, a Britten-Pears Orchestra ou a OJSG.

 

 

 

 

Tocou baixo a batuta de directores como David Afkham, Lionel Bringuier, Antonio Pappano, Gianandrea Noseda, Sir Colin Davis, Hebert Blomstedt, Vladimir Jurowski, Vasily Petrenko, John Eliot Gardiner Daniele Gatti ou Franz Wesler-Möst.

 

Na música de cámara traballou con artistas do talle de Radovan Vlatkovic, Klaus Thunemann, Hansjörg Schellenberger, Eduard Brunner, Jacques Zoon, Maurice Bourgue, András Schiff ou Karl-Heinz Steffens. Asimesmo é membro do Natalia Ensemble e realiza unha importante actividade concertística co Dúo Finisterrae e co guitarrista Pedro Mateo González.

 

Actuou como solista xunto á Orquesta Sinfónica de Galicia, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta Gaos, a Orquesta da Academia de Música de Cracovia, a Orquesta Sinfónica de Zabrze ou a Orquesta de Cámara Gallega. Foi premiado en concursos en España, Portugal e Polonia.

 

Impartiu cursos e masterclasses en diferentes escolas, conservatorios e orquestras tales como os Conservatorios de Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Ferrol, San Javier (Murcia), Huesca, Granada, Mallorca ou Soria, a Academia Nacional de Música de Estonia, a JONDE, a Orquesta Joven de Andalucía, a Joven Orquesta da Generalitat Valenciana, a Joven Orquesta de Córdoba, a Orquesta Sinfónica de Ávila, as orquestras das Universidades de Santiago de Compostela e Pamplona ou a OSIM e a OECCh en México.

 

Desde 2013 é mestre de frauta e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón.

 

 

OBXECTIVO DA MASTER CLASS

 

O obxectivo da master class é profundizar e complementar os estudos de frauta dos alumnos asistentes, con atención personalizada en cada un dos casos.

 

Por un lado, está orientada a mellorar os aspectos técnicos do instrumento, atendendo aos distintos niveis e idades, e, por outro lado, a profundizar na dimensión puramente musical, centrando a atención no repertorio específico a traballar, falando de aspectos estilísticos, fraseo e expresión.

 

Constará de dúas clases individuais por alumno activo, nas que se trabalará o repertorio que se desexe, e de días clases colectivas, nas que se abordarán aspectos principalmente técnicos.

CONTIDOS

  • Aspectos técnicos da frauta (articulación, emprego do aire, son, fraseo, dixitación, etc).
  • Hábitos e técnica de estudo do instrumento.
  • Control da postura e emprego do corpo (respiración, colocación, movemento).
  • Traballo dos elementos que interveñen no fraseo musical: liña, cor e expresión, adaptándoo aos diferentes estilos.
  • Nocións musicais e analíticas (estilo, harmonía, estrutura, etc).
  • Presencia escénica e comunicación corporal; concentración, expresión, etc.

 

 

LOCALIZACIÓN DAS CLASES

 

CSM Galicia – Auditorio de Valga, Ferreirós 1º A, Cordeiro. 36645 Valga (Pontevedra). Ver ubicación.

 

 

CERTIFICACIÓN

 

Certificado-Diploma emitido polo Centro Superior de Música de Galcia – Cemu Superior Galival Music – Centro Autorizado de Ensinanzas Artísticas Superiores de Música e o Excelentísimo Concello de Valga.

Para a súa obtención o alumno/a deberá ter asistido á totalidade das sesións da master class de André Cebrián.

 

master class de abe rabade en csm galicia

 

 

Si tes dúbidas ou necesitas ampliar información, no dubides en contactar connosco.

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies