fbpx
¡COMPÁRTEME!

 

A master class de Cristóbal Soler en CSM Galicia celebrarase do 13 ao 16 de Febreiro de 2020 e está dirixida a titulados superiores en música ou a aqueles interesados pola dirección de calquera idade ou procedencia que aspiren a desenvolver a súa profesión no campo da dirección orquestral, e a mestres de escolas de música ou conservatorios que aspiran a potenciar as súas carreiras e mellorar as súas capacidades como directores.

 

Contará con sesións de análise e teoría, prácticas con piano, prácticas con Orquestra e charlas ou conferencias relacionadas fundamentalmente coa xestión, programación e desenvolvemento profesional.

Considerado como un dos directores máis importantes da súa xeración, a crítica foi unánime ao salientar o carisma e profundidade interpretativa de Cristóbal Soler, ademais dunha precisa e consolidada técnica de dirección. Foi seis tempadas director titular do Teatro da Zarzuela de Madrid. Tras finalizar os seus estudos superiores de composición e dirección de orquestra, cursou o Máster de Dirección de Orquestra na Universidade de Munich, coas máximas calificacións. Foi director artístico musical e fundador da Orquestra Filharmónica da Universidade de Valencia (1995-2010), que conseguiu o 1º Premio do Concurso Internacional de Xoves Orquestras Sinfónicas, celebrado en Viena en 1998.

 

A profesión de director de orquestra conleva múltiples capacidades e competencias que deben ser desenvolvidas para o dominio da súa actividade profesional. Nesta master class de Cristóbal Soler do Centro Superior de Música de Galicia traémosvos a un gran mestre de prestixio internacional dentro do mundo profesional da dirección de orquestra.

 

 

 

OBXECTIVOS DA MASTER CLASS DE CRISTÓBAL SOLER

 

  1. Estudar e desenvolver as técnicas xestuais para a dirección de orquestra.
  2. Dominar as múltiples responsabilidades que se esperan do director dentro dunha orquestra profesional.
  3. Obter unha comprensión integral das cuestións artísticas e psicolóxicas proporcionando as ferramentas teórico-prácticas para realizar unha carreira exitosa como director de orquestra.
  4. Contribuír ao desenvolvemento artístico do director nos múltiples campos de actividade profesional.
  5. Adquirir a formación teórica e práctica requirida para a incorporación ao mercado laboral.
  6. Potenciar unha visión e actitude aberta, proactiva e innovadora.

 

 

CONTIDOS

 

TÉCNICAS AVANZADAS DE DIRECCIÓN: Técnica, prácticas e ensaio.

RECURSOS APLICADOS Á DIRECCIÓN: Programación, planificación e xestión.

FUNDAMENTOS TEÓRICOS: Historia, teoría e análise.

REPERTORIO: 4a Sinfonía de G. Mahler – (Versión Orquestra de Cámara)

 

 

LOCALIZACIÓN DAS CLASES

 

CSM Galicia – Auditorio de Valga, Ferreirós 1º A, Cordeiro. 36645 Valga (Pontevedra). Ver ubicación.

 

 

CERTIFICACIÓN

 

Certificado-Diploma emitido polo Centro Superior de Música de Galicia – Cemu Superior Galival Music – Centro Autorizado de Ensinanzas Artísticas Superiores de Música e o Excelentísimo Concello de Valga.

Para a súa obtención o alumno/a deberá ter asistido á totalidade das sesións da master class de Cristóbal Soler.

 

 

REXISTRO

 

– MODALIDADE A: ALUMNO ACTIVO

Clases, anáise, teoría, prácticas de orquestra

Prazo de rexistro: 20 de Setembro ao 3 de Febreiro de 2020

Requerimentos: CV e link de descarga ou ligazón de visualización directa (Dropbox, Youtube) con ensaio ou concerto duns 15 min aprox. de duración.

Pago: haberá que abonar o importe da reserva de praza e da matrícula para poder acceder á master class antes do 3 de Febreiro de 2020.

Reserva de praza: 120 € (este importe non se devolverá en caso de non asistir finalmente á master class).

Importe de matrícula: 430 € (este importe será devolto antes do inicio da actividade a aqueles solicitantes que tras ter formalizado o rexistro non fosen admitidos).

Prazas limitadas: 5 alumnos activos (alumnos externos ao CSM Galicia)

– MODALIDADE B: Alumno oínte 

Prazo de inscripción:  20 de Setembro de 2019 ao 3 de Febreiro do 2020

Importe de matrícula: 50 €

Importe de asistencia á conferencia: 25 €

Prazas: Ilimitadas

 

– MODALIDADE D: Alumnos do CSM Galicia 

Gratuíto.

Inscríbete aquí:

[contact-form-7 404 "Not Found"]

 

INFORMACIÓN DE PAGO

Prazo de inscripción: 20 de Setembro de 2019 ao 3 de Febreiro de 2020

ALUMNOS ACTIVOS
Requerimentos: CV e link de descarga ou ligazón de visualización directa (Dropbox, Youtube) con ensaio ou concerto duns 15 min aprox. de duración.
Reserva de praza: 120 € (este importe non se devolverá en caso de non asistir finalmente á master class).
Importe de matrícula: 430 € (este importe será devolto antes do inicio da actividade a aqueles solicitantes que tras ter formalizado o rexistro non fosen admitidos).
Prazas limitadas: 5 alumnos activos (alumnos externos ao CSM Galicia)

ALUMNOS OÍNTES
Importe de matrícula: 50 €
Importe de asistencia á conferencia: 25 €
Prazas: Ilimitadas

ALUMNOS CSM GALICIA
Gratuíto

O pago realizarase por transferencia bancaria á conta:

ABANCA ES73 2080 0304 6830 4002 9289

IMPORTANTE: Indicar DNI, Nome, Apelidos e Nome da Master Class no concepto da transferencia.

Se tes dúbidas ou necesitas ampliar información, non dubides en contactar connosco.

 

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies