fbpx
¡COMPÁRTEME!

O próximo 22 de Febreiro de 2020, o Centro Superior de Música de Galicia acollerá unha master class de Alejandro Casquero, pianista, arreglista e mestre de música cunha dilatada experiencia en música moderna, sobre Música negra do século XX, estilos e improvisación. Está aberta a alumnos do Centro e todas aquelas persoas alleas ao Centro que queiran adentrarse nestes estilos musicais.

Pianista, arreglista e mestre de música cunha estensa experiencia en Blues, Rock, Pop, Jazz, Tango e Música Clásica. Comezou os seus estudos no Conservatorio de Belas Artes de Bos Aires (Arxentina) para continualos co mestre Ramon Coll no Conservatorio Municipal de Barcelona (España). Posteriormente recibe clases co recoñecido mestre e concertista Antonio de Raco.

Seguidamente comeza os seus estudos de música moderna (Jazz, Blues, Tango) na EMPA (Argentina), a Licenciatura en Composición con Medios Electroacústicos (Universidad Nacional de Quilmes, Argentina) e Historia da Arte (UNED).

Presenciou MasterClasses de grandes pedagogos e músicos como Ramon Coll, Pat Metheny ou Dave Holland, entre outros.

A súa carreira en escenarios levouno por toda España, Arxentina, Portugal, Italia, Eslovenia, Hungría, Austria e Alemaña. Suma ademais unha extensa traxectoria como músico de sesión en numerosos estudos de gravación e de colaboración con numerosos músicos e bandas: Bakin Blues Band, Los Chavales, Liridade Noctámbula, Edu Bighands (Madrid), Mingo Balaguer (Madrid), Greg Izor (EEUU), Boney Fields (EEUU), Trudy Lynn (EEUU), Steve Krase (EEUU), Katalin Bartha (Hungría).

 

OBXECTIVOS DA MASTER CLASS

Achegar ao alumnado a diferentes idiomas e estilos da música negra estadounidense so século XX desde un punto de vista harmónico, rítmico, histórico e sociolóxico.

 CONTIDOS

  • Improvisación (técnicas, licks, escalas, estilos)
  • Estilos Ragtime, Blues (Chicago, Delta, New Orleans), Swing, Rumba blues, Funk, Bebop Blues
  • Combo/Acompañamento
  • Encadre teórico e análitico
  • Técnicas instrumentais / Técnica de escenario

 

LOCALIZACIÓN DAS CLASES

CSM Galicia – Auditorio de Valga, Ferreirós 1º A, Cordeiro. 36645 Valga (Pontevedra).  Ver ubicación.

 

CERTIFICACIÓN

 

Certificado-Diploma emitido polo Centro Superior de Música de Galicia – Cemu Superior Galival Music – Centro Autorizado de Ensinanzas Artísticas Superiores de Música e o Excelentísimo Concello de Valga.

Para a súa obtención o alumno/a deberá ter asistido á totatlidade das sesións da masterclass.

INSCRIPCIÓN












    Datos académicos




    Los datos serán recogidos con el único fin de recabar información para formalizar la inscripción al curso utilizándolos para realizar cobros, facturación y comunicación. Estos datos nunca serán cedidos a terceros estando bajo el amparo de la Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y Garantía de los derechos digitales.

    El pago se realizará por transferencia bancaria a la cuenta:

    ABANCA ES73 2080 0304 6830 4002 9289

    IMPORTANTE: Indicar DNI, Nombre, Apellidos y Nombre de la Master Class en el concepto de la transferencia.

    Si tienes dudas o necesitas ampliar información, no dudes en contactar con nosotros.

    Se tes dúbidas ou necesitas ampliar información, non dubides en contactar connosco.


    ¡COMPÁRTEME!