fbpx
¡COMPÁRTEME!

Masterclass de trompeta con Pacho Flores

O CSM Galicia organiza os próximos 2 e 3 de Setembro unha masterclass de trompeta cun dos máximos representantes deste instrumento a nivel mundial, Pacho Flores.

HORARIO DA MASTERCLASS DE TROMPETA 

Mércores 2 de Setembro

De 10h. a 14h. e de 16h. a 19h.

Xoves 3 de Setembro

De 10h. a 14h. e de 16h. a 19h.

CONTIDO

  • Clases de técnica conxunta
  • Traballo de repertorio
  • Clases individuais 

CERTIFICACIÓN

Certificado-Diploma emitido polo Centro Superior de Música de Galicia e o Excelentísimo Concello de Valga.

Para a súa obtención o alumno/a deberá ter asistido á totalidade das sesións da masterclass de trompeta con Pacho Flores

SOBRE PACHO FLORES 

Formado no Sistema de Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela, Pacho Flores obtivo o 1º Premio do Concurso Internacional Maurice André, o concurso para trompeta máis importante do mundo, así como o 1º Premio no Concurso Internacional Philip Jones e 1º Premio no Concurso Internacional Cittá di Porcia e recentemente foi galardonado coa Medalla de Ouro dos Global Music Awards, xunto a Jesús ‘Pingüino’ González, por ENTROPÍA, o seu proxecto para trompeta e guitarra plasmado en disco en Deutsche Grammophon.

Actuou xunto ás máis prestixiosas agrupacións de todo o mundo e entre os seus próximos compromisos inclúense orquestras como a Kymi Sinfonietta, Het Gelders Orchestra, Sinfónica de Tucson, Royal Liverpool Philharmonic, Orquesta de RTVE, Stavanger Orchestra, Filarmónica de Gran Canaria, Orquesta del Teatro Colón de Buenos Aires, Oviedo Filarmonía, Filarmónica de Louisiana, Sinfónica de Estrasburgo, Sinfónica de Navarra, Sinfónica de San Diego, Nacional de la Radio de Polonia, Philharmonie Zuidnederland, Sinfónica del Estado de São Paulo, Orquesta de Cámara Sueca, Nacional de Puerto Rico, etc.

Artista da Casa Stomvi, toca instrumentos fabricados exclusivamente para el por esta prestixiosa firma e participa activamente nos desenvolvementos e innovacións dos seus instrumentos. Pacho Flores é artista exclusivo de Deutsche Grammophon co que produciu xa os discos Cantar, coa Konzerthaus Orchester Berlin e Christian Vásquez; Entropía, premiado coa Medalla de Ouro nos Global Music Awards 2017 e o Melómano de Ouro; Fractales, coa Arctic Philharmonic baixo a dirección de Christian Lindberg; Cantos y Revueltas, presentando a súa propia Fantasia Concertante para Trompeta, Cuatro Venezolano e Orquesta de cuerdas, coa Real Filarmonía de Galicia, Leonidas Rondón e Manuel Hernández-Silva.

INSCRICIÓN

Modalidade A – Alumno Activo*

Inscrición: 125€

*Unicamente 9 prazas para alumnos activos. Outorgaranse por orde de incrición.

Quedan 6 prazas dispoñibles.

Modalidade B – Alumno Oínte

Inscrición: 60€

Sen límite de prazas.

Formulario de inscrición


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies