fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Jazz/Música Moderna

GUEORGUI ORGANESIAN

Mestre de Saxofón

Diplomado na especialidade de saxofón polo Conservatorio Julián Orbón de Avilés (Asturias) e licenciado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de improvisación Jazz.

Gueorgui Organesian formou parte de distintos grupos e bandas como Soulman de Avilés ou a Patrulla Dixie Jazz Band da mesma cidade.

Colaborou en discos de artistas como Susana Seivane ou Siboney e foi mestre na Fundación Música Moderna de Avilés.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

WILLIAM DÍAZ

Mestre de Trombón

Conta co Grao Profesional de Trombón Clásico polo Conservatorio Amadeo Roldán de Cuba e o Título Superior en Trombón Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. Completou a súa formación asistindo a múltiples master classes de improvisación en música jazz.

Foi trombonista, percusionista e corista na Orquesta Dan Den de Cuba e na Pablo FG de Cuba.

É trombonista en diversos grupos como Son de Camagüey, Timbabana, Sergio Delgado & Cuban Brass, etc. Tamén colaborou en CD’s e DVD’s de distintas orquestras e bandas.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ALFONSO CALVO

Mestre de Contrabaixo

Alfonso Calvo ten o Master en Jazz da ESMUC, é licenciado en Jazz-Contrabaixo con Matrícula de Honra polo COSMAC e Titulado en Educación Musical pola USC. Premio á Excelencia Musical da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

Gravoue comparteu escenario con músicos como Marcos Pin, Michel González, Naíma Acuña, Iago Vázquez, Pablo Castaño, Marcos Teira, Xosé Miguélez, Nani García e Antonio Bravo. Actualmente forma parte do quinteto de Marcos Teira presentando o disco Nós (premio Martín Códax 2019), Marcel Pascual Quartet, Valentín Caamaño Quartet, Zumaque e do seu proxecto a septeto co que participou nos festivais de jazz de toda a comunidade.

ÁLVARO TRILLO

Mestre de Percusión

É licenciado en Jazz-Batería polo COSMAC. O seu proxecto Buxeiro obtivo o premio SGAE Galicia Creativa 2015 na sección de Jazz.

Ao longo dos anos, desenvolveu unha faceta de baterista todoterreno que lle permiteu participar en numerosos proxectos, cos que obtivo 9 premios Martín Códax.

Gravou 16 discos: de jazz, fusión, soul, blues, folk e pop. Un destes, “Magnético-Zen” de Xoán Curiel, recibiu un premio MIN en 2013.

Comparteu escenario con músicos como Jorge Pardo, Abe Rábade, Pablo Castaño e Antonio Bravo.
Actualmente explora xéneros que van desde o Neo Soul ao Jazz Ambiental, pasando pola Improvisación Libre ou o Pop.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ABÉ RÁBADE

Mestre de Piano

Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU), dirixe un trío de jazz acústico desde 1996, formado por Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

É autor de máis de 200 composicións, compositor, director e forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal).

Conta cunha longa lista de premios, entre eles o Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas e o Piano Performance Award de Berklee College of Music

Outros vídeos:

LUIS GIMÉNEZ

Mestre de Guitarra

Aos 13 anos empeza a tocar a guitarra, e en 1991 estuda durante dous anos no Taller de Músicos de Madrid xunto a Chema Sáinz.

En 1994 trasládase a Boston y se licencia Cum Laude na prestixiosa Berklee College of Music. Tamén asiste a seminarios e clases particulares con músicos como John Scofield, Pat Martino, Pat Metheny, Mike Stern e Kurt Rosenwinkel entre outros.

Tocou con diferentes artistas e agrupacións, salientando o seu traballo como líder na gravación do CD Capítulo III (2011) e Noise (2013).

Realizou diferentes bandas sonoras recibindo o premio SCIFE a Mellor Música en dúas ocasións e nomeado noutras catro.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ANTONIO BRAVO

Mestre de Guitarra

Estudou guitarra clásica, guitarra de Jazz, harmonía, arreglos, composición, improvisación e polirrítmia en Santiago, Madrid, Barcelona e Lisboa.

Foi mestre no Máster de Educación Musical da Universidade Autónoma de Madrid nas especialidades de improvisación harmonía e ensemble de grupo instrumental.

Tocou con María Joao, Jorge Pardo, Carlo Actis Dato, Jean Palandre, Mark Pichelín, Greg Moore, Mariano Díaz, Mathew Simon ou Phil Durant

Colabora con Baldo Martinez, co que gravou  seis discos. Actuou no Festival de jazz de San Sebastián, de Getxo, Ibiza, Madrid, México DF, Munich, Luxemburgo, Bourdeaux, Belgrado, Colonia, Berlín, Viena, Oslo, Manchester, Belgrado ou Rio de Janeiro

Foto de Rafael Lafuente

TERELA GRADÍN

Mestra de Canto

Cantante e compositora procedente de Caldas de Reis (Galicia). En 1997 recibe as súas primeiras clases de canto con Ramón Bermejo en Estudo Escola de Música de Santiago de Compostela. Ademais, estuda con Manuel Gutiérrez, Suso Atanes, L.A.R. Legido e Abe Rábade. 

En 2006 grava “Lost” (Errabal Jazz), o seu primeiro disco, xunto a Manuel Gutiérrez; en 2007 grava “Pascala” (Free Code Jazz Records), tamén con Manuel Gutiérrez; e en 2013 grava “Noise” (Delicias Discográficas) con Tereland. 

Colaborou tamén con diferentes grupos como GEM Trío, Marcelo Escrich Silent Trío, The Good Time Rollers, Gradus Jazz, Jorge Garrido Trío, Three One, Proyecto Miño de Baldo Martínez, con la Orquesta de Jazz de Galicia no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, coa Pirineos Jazz Orchestra ou coa Iruña Jazz Orquesta, entre outras.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies