fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Piano

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ILONA TIMCHENKO

Mestra Titular de Piano

Grazas a ser gañadora do primeiro premio no terceiro certame de Abstract Securitirs Landor Competition conseguiu un contrato de gravación con Landor Records. Empezou a súa formación musical a unha idade moi temperá.

Moi pronto se trasladou a Moscú onde continuou os seus estudos de piano e posteriormente perfeccionou a súa formación en Holanda, Italia e Francia.

Actuou coa Orquestra da Capela Académica de San Petersburgo, a Filharmónica da Radio de Holanda, Orquestra do Norte de Holanda, Real Filharmonia de Flandes, Orquestra Sinfónica de Granada, Real Filharmonia de Galicia, Orquestra da Radio de Rumanía, etc.

Canle de Youtube:

Podes ver o seu currículo completo aquí.

PAULA GAGO

(Vicedirectora CSM Galicia)

Pianista Acompañante

Naceu en Marín (Pontevedra) e comezou alí os seus estudos musicais aos 8 anos.

Formouse nos CMUS de Pontevedra e Santiago de Compostela obtendo o Título de Profesora Superior nas especialidades de Piano e Música de Cámara. 

Desde 1995 acompaña a instrumentistas de todas as especialidades en probas, concertos, oposicións, cursos e concursos. É a pianista da Camerata Arven e membro das Bandas Municipais de Valga Catoira

AVEDIS KOUYOUMIDJIAN

Mestre Invitado de Piano

Naceu en Beirut, Líbano, e comezou os seus estudos cando tiña 12 anos na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien.

Na universidade estudou co mestre Dieter Weber, Noel Flores, Alexander Jenner e Georg Ebert. Continuou o seu traballo de posgrado con Djanko Iliev, Stanislaw Neuhaus e Alica Kezeradze.

Ganou o primeiro premio en The International Beethoven Piano Competition Vienna en 1981.

É mestre na Chapelle Musicale Reine Elisabeth e na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien.

Podes ler o seu currículo completo aquí.