Probas de acceso ao CSM Galicia

Un equipo que desborda paixón ao teu servizo

No Centro Superior de Música de Galicia contamos cun claustro de recoñecido prestixio internacional que articulou un plan estudos á altura das mellores escolas do mundo. Está composto por docentes implicados que compartirán contigo as súas experiencias profesionais, fomentarán o teu talento e acompañaranche en cada paso do teu proceso de aprendizaxe.

Ven a estudiar connosco

O Centro Superior de Música de Galicia ten a súa sede no Auditorio de Valga (Pontevedra). Contamos cunhas magníficas instalacións onde organizar as nosas clases, concertos e master class, ademais de dispoñer de aulas de estudo nas que poderás practicar con todas as comodidades.

¿Queres saber máis? Chámanos ao (+34) 698 904 668 o escríbenos un email a inscripciones@csmgalicia.com e informarémoste de todo o que necesites saber.

Probas de acceso 2022

¿Por qué estudar  no CSM Galicia?

anos de experiencia

itinerarios

profesores

especialidades

¿Queres estudar o Grao Superior de Música?

Para ser admitido nun grao superior débense pasar unhas probas de acceso específicas por especialidade e itinerario. As instrucións para a realización das probas no CSM Galicia son as seguintes:

1. As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo ao establecido no artigo 5 do Decreto 163/2015, do 29 de outubro (DOG do 16 de novembro) para todas as especialidades excepto para a de Dirección, que se desenvolverá de acordo ao establecido no artigo 5 do Decreto 171/2016, do 24 de novembro (DOG do 12 de decembro); por suposto sempre de acordo ao establecido nos artigos 3, 4, 5, 8 e 9 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación dos ensinos artísticos superiores de Música (DOG do 1 de decembro).

2. A inscrición para participar nas probas da convocatoria de setembro realizarase mediante formulario, nesta mesma páxina.

3. As probas de acceso terán lugar no CSM Galicia (Lugar de Ferreirós, 1 A; Cordeiro – 36647 Valga; provincia de Pontevedra).

«Todo lo que sé ahora mismo, todo lo que aprendí de música, lo aprendí aquí, gracias a Manolo, Pablo y Javi. Estuve en otros centros, en los que era tocar por tocar, sin implicación y con un nivel mucho más bajo. Aquí todos estamos muy implicados, alumnos y profesores.»

Pablo Ares

Estudiante de clarinete

«Estuve un año en Alaska, con una beca de Amancio Ortega, y si comparas… aquí hay muy buenos músicos, increíbles, el ambiente es muy bueno, sientes comunidad y aprendes muchísimo. En un año de armonía con Manolo aprendí más que en tres años de conservatorio.»

Pablo de Jesús

Estudiante de clarinete

Gustaríache facer as probas de acceso ao CSM Galicia e ter aos mellores profesores nos teus estudos superiores?

¿Qué puedes estudar no CSM Galicia?

Especialidade de Composición

A proba consistirá:

  • Parte A: na realización dun traballo armónico-contrapuntístico.
  • Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.
  • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.
Especialidade de Dirección
A proba consistirá:

  • Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso de canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral a proposta do tribunal.
  • Parte C: na lectura a primeira vista no piano dun fragmento musical escollido polo/a aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
  • Parte D: na realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.
Especialidade de Interpretación
A proba consistirá (exceptuando o itinerario de jazz):

  • Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical proposto polo tribunal.
  • Parte C: na lectura a primeira vista.
Especialidade de interpretación, itinerario de jazz

A proba consistirá:

  • Parte A: na interpretación dun programa, será requisito indispensable que o/a aspirante improvise en cada unha delas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, mostrando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempos de execución.
  • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical a proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
  • Parte C: na lectura e improvisación a primeira vista dunha obra ou fragmento de jazz.
Especialidade en Musicoloxía

A proba consistirá:

  • Parte A: na análise histórica-estilístico e defensa dunha obra ou fragmento a proposta do tribunal.
  • Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito a proposta do tribunal.
  • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.
Especialidade de pedagoxía. Itinerario xeral e do linguaxe musical
A proba consistirá en:

  • Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.
  • Parte B: na proba vocal individual.
  • Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

Se queres ter máis información sobre as probas de acceso ao Centro Superior de Música de Galicia podes escribirnos ao correo inscripciones@csmgalicia.com ou, se o prefires, atenderémoste no teléfono (+34) 698 90 46 68.

Formulario de inscrición

PROBAS DE ACCESO 2022 | CSM GALICIA













    En su representación




    Datos de las personas progenitoras o representantes legales

    Obligatorio cubrirlo en el caso de alumnado menor de edad. Si el alumno/a es menor de edad, la solicitud deberá ser firmada por cualquier persona titular de la patria potestad o representante legal




    Expone que:



    Tiene el Certificado de superación de la Prueba de Acceso.El Certificado de superación de la Prueba de Acceso a la Universidad para mayores de 25 años.Tiene el Título de Bachillerato o Título declarado equivalente para los efectos académicos.

    A los efectos oportunos aporto la siguiente documentación acreditativa:

    Copia del NIF, NIE / Pasaporte.Título Profesional de música.Ingreso derechos de inscripción 120€: en ABANCA ES73 2080 0304 6830 4002 9289.

    Puedes adjuntar la documentación requerida en este formulario o enviarla al correo inscripciones@csmgalicia.com poniendo en el asunto del mensaje "INSCRIPCIÓN PRUEBAS DE ACCESO + NOMBRE COMPLETO".



    Si tienes dudas o necesitas ampliar información, no dudes en contactar con nosotros o escríbenos a inscripciones@csmgalicia.com.