fbpx

PROBAS DE ACCESO

Probas específicas para o acceso ás ensinanzas superiores de música:

1. As probas específicas de acceso levaránse a cabo segundo o establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de Novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música.

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da probas, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

3. Realizaránse no Centro Superior de Música de Galicia, Auditorio de Valga, Ferreirós, 1-A, Cordeiro, 36645 Valga (Pontevedra).

4. As probas son específicas para cada itinerario. Pode revisar cada especialidade por separado ao final desta páxina.

5. A calificación das probas específicas de acceso, axustarase ao establecido no artigo 5.8 da Orde do 21 de Novembro de 2016.

6. Para a calificación da parte A da proba do itinerario de jazz da especialidade de interpretación, o tribunal emitirá un informe no que constará a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberá constar no informe (para cada unha das obras interpretadas), alomenos, valoración dos seguintes aspectos: a forma de interpretar o tema, o estilo, o fraseo e a linguaxe empregada, o tempo, a técnica do son, as escalas empregadas, o sentido formal e a coherencia xeral.

Para a calificación da parte A da proba da especialidade de interpretación (agás no itinerario de jazz), o tribunal emitirá un informe no que constará a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberá constar no informe (para cada unha das obras e/ou estudos interpretados), alomenos, valoración dos seguintes aspectos: control técnico do instrumento, calidade do son, expresividade e estilo.

7. Concluída a proba específica, o tribunal publicará a listaxe de aspirantes presentados, con expresión da calificación final obtida na proba específica, e de aspirantes non presentados, ordenada segundo a calificación obtida na proba de acceso, en orde decrecente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro Superior.

    Especialidade de Composición

    A proba consistirá:

    • Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
    • Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.
    • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/la candidato/a.
    Especialidade de Dirección

    A proba consistirá:

    • Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso de canto) integrado por obras dunha dificultade axeitada ao nivel de acceso a estes estudos.
    • Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral a proposta do tribunal.
    • Parte C: na lectura a primeira vista no piano dun fragmento musical escollido polo/la aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
    • Parte D: na realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.
    Especialidade de Interpretación

    A proba consistirá (agás o itinerario de jazz):

    • Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade axeitada ao nivel de acceso a estes estudos.
    • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical proposto polo tribunal.
    • Parte C: na lectura a primeira vista.
    Especialidade de interpretación, itinerario de jazz

    A proba consistirá:

    • Parte A: na interpretación dun programa, será requisito indispensable que o/a aspirante improvise en cada unha delas. O repertorio a interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na escolla dos tempos de execución.
    • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical proposta polo tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
    • Parte C: na lectura e improvisación a primeira vista dunha obra ou fragmento de jazz.
    Especialidade en Musicoloxía

    La prueba consistirá:

    • Parte A: na análise histórica-estilística e defensa dunha obra ou fragmento a proposta do tribunal.
    • Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito a proposta do tribunal.
    • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/la candidato/a.
    Especialidade de pedagoxía. Itinerario xeral e da linguaxe musical

    A proba consistirá:

    • Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/la candidato/a. A escolla do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.
    • Parte B: na proba vocal individual.
    • Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.
    Especialidade de produción e xestión.

    A proba consistirá:

    • Parte A: no desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.
    • Parte B: no desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do entorno musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.
    • Parte C: na análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.
    • Parte D: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/la candidato/a.

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies