fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Vento Metal

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

RUBÉN SIMEO

Mestre Titular de Trompeta

Nace en Vigo. Con 8 anos xa é gañador de premios e competicións a nivel nacional e internacional.

Actúa periodicamente con orquestras de renome como a ORTVE, Orquestra de Múnich, Filarmónica de Cannes, de Beijing, Sinfónica de Kazawa ou Filharmónica de Galicia.

Grava diversos discos editados por Avex Classics con grandes orquestras e bandas sinfónicas.

Actualmente é concertista de trompeta, imparte master classes e asiste a diferentes concursos internacionais.

 Podes ler o seu currículo completo aquí.

ALEJANDRO VÁZQUEZ

Mestre Titular de Trompeta

Estudou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Cursou os seus estudos superiores en Musikene e realizou un máster no Conservatorio de Amsterdam. 

Pertenceu a diversas orquestras xoves como ONSG, JONDE ou NJO. Colaborou coas orquestras Cidade de Granada, Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Porto Casa da Música (Portugal), Filarmónica de Jalisco (México) ou a Royal Concertgebouw (Holanda).

Foi docente no Conservatorio de Celanova e no de Verín, director da banda de música Santiago de Arteixo e colaborador da Sinfónica de Galicia.

Outros vídeos:

ALBERTO ARRIBAS

Mestre Titular de Trompa

Ten o título de Grao Profesional polo Conservatorio Profesional de Música Jacinto Guerrero coas máis altas calificacións en Trompa, Banda e Música de Cámara polas que obtén Mención de Honra.

Continuou os seus estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, finalizándoos no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Realizou cursos de Dirección con Enrique García Asensio e Pere Molina González . Está en posesión do Curso de Aptitude Pedagóxica e ademais cursou a Licenciatura de Humanidades na Universidade de Castela a Mancha. 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

MATÍAS PIÑEIRA

Mestre Principal Invitado de Trompa

Nace en Santiago de Chile en 1989. Estuda no instituto de música da Universidade Católica de Chile, recibindo becas como a Beca Jorge Peña Henn ou a Beca Amigos do Teatro Municipal.

Aos 19 anos gaña o posto de solista na Orquestra Sinfónica de Chile. En 2014 forma parte da Academia Orquestal da Staatsoper Unter den Linden.

Desde o 2015 é corno solista da Münchner Philharmoniker.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

DAVID REJANO

Mestre Principal Invitado de Trombón

De orixe extremeña, estuda no Conservatorio de Madrid e posteriormente en París.

Foi trombón solista de diferentes orquestras como a Orquestra Sinfónica de Navarra, Orquesta del Gran Teatre del Liceu de Barcelona ou Münchner Philharmoniker.

David Rejano Cantero é actualmente trombón solista de Los Angeles Philharmonic.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

FAUSTINO NÚÑEZ

Mestre Titular de Trombón

Membro da Orquesta Palau Les Arts e trombón tenor/baixo na Qatar Philharmonic Orchestra.

Tamén formou parte da Orquesta Sinfónica de Navarra, Gustav Mahler Jugendorchester, Joven Orquesta Nacional de España e a West-Eastern Divan. Colaborou coa Orquesta del Teatro “La Fenice” de Venecia, a Münchner Philharmoniker, a Sinfónica de Galicia, Real Filharmonia de Galicia, a Staatskapelle Berlin, a Sinfónica de Barcelona e a Filarmónica de Hong Kong, entre outras.

Imparte cursos e recitais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde cursou os seus estudos superiores de música, do da Coruña, ESMUC e Musikene.  

Podes ler o seu currículo completo aquí.

GUILLERMO COLLAZO

Mestre Titular de Tuba

Cursou estudos superiores na especialidade de tuba no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner e Máster en interpretación no Conservatorium van
Amsterdam.

Membro da Joven Orquesta del Principado de Asturias (Jospa), da Joven Orquesta Nacional de España, da NJO: Dutch Orchestra and Ensemble Academy e colaborou coa Orquestra Juvenil Simón Bolivar de Venezuela e a Orquesta Sinfónica Juvenil Teresa Carreño de Venezuela.

Ten máis dunha ducia de premios e colaborou con numerosas bandas e orquestras. 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

PABLO DOPAZO

Mestre de Bombardino/Tuba

Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música del Principado de Asturias, con Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Ten o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grao no Conservatorio Profesional de Pontevedra e o Máster en Formación do Profesorado para Educación Secundaria.

Colaborou coa Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, L´arpa Festante Barock Orchestra, Forma Antiqva, Teatre Nacional de Catalunya, entre outras.

Outros vídeos:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies