fbpx
¡COMPÁRTEME!

 

Yuri Durán e Martín Chaves, alumnos de piano do Centro Superior de Música de Galicia, ofrecerán un concerto con Ilona Timchenko, a súa mestra desta especialidade, hoxe no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ás 20:30.

 

En liña coa filosofía do CSM Galicia, os nosos mestres, músicos en activo, preparan distintas obras cos alumnos e as interpretan dentro e fóra das nosas instalacións. Nesta ocasión, dous alumnos que xa amosaron as súas elevadas capacidades durante o evento de Inauguración do CSM Galicia, interpretarán distintas pezas de recoñecida dificultade.

 

Pola súa parte, Martín Chaves interpretará a Rapsodia española de F. Liszt. Yuri Durán tocará o Concerto Italiano BWV 971 de J. S. Bach.

 

Podes descargarte o programa aquí.

 


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies