fbpx

Directores do CSM Galicia

Podes ler o seu currículo completo aquí.

MANUEL VILLAR – DIRECTOR

 

É director do CSM Galicia e é, actualmente o director da Escola e Banda de Música Municipal de Valga (Pontevedra). Ten o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Santiago, Máster en Dirección de Orquestra pola Universitat de Valencia, Diploma Superior en Dirección de Orquestra e Banda Cum Laude e Licenciado en Dirección de Orquestra e Banda pola Royal Schools of Music. Traballa e colabora habitualmente con bandas e orquestras de recoñecido prestixio como a Sinfónica de Galicia ou a Orquestra e Coro de RTVE.

Se por algo salienta Manuel é pola súa capacidade de crear un ambiente distendido e familiar no que os músicos sacan o máximo partido ás súas capacidades.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

PERE MOLINA – CODIRECTOR

 

Nacido en Dénia, estuda nos conservatorios Superiores de Castellón “Salvador Seguí” e Valencia “Joaquín Rodrigo”. Paralelamente gradúase en Dirección de Orquestra na Royal School of Sherbone (Inglaterra) e no ISEB de Trento. Foi seleccionado para estudar na Academia Internacional de Dirección de Orquestra AIDO. 

Colaborou con múltiples orquestras como a Chamber Orchestra Music Academy – Berlín ou a Orquestra Sinfónica do Collegium Musicum de Bos Aires, entre outras.

Pere Molina actualmente é Director Titular da Orquestra de Cámara de Valencia, Director Principal Invitado na Wind Orchestra of Valencia, Director Principal Invitado OSUAT México, Director do “CSM Galicia” Centro Superior de Música de Galicia e director de varios festivais internacionais de música na tempada 2019/20.

Pere é unha persoa moi empática, loitadora e cunha grande capacidade para motivar aos que están ao seu redor.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies