fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Instrumentos da Música Popular e Tradicional de Galicia

Podes ler o seu currículo completo aquí.

LUCÍA COMESAÑA 

Mestra de Etnomusicoloxía e IMPTG

Titulada superior nas especialidades de instrumentos da música tradicional e popular e de etnomusicoloxía polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Máster universitario en patrimonio musical pola Universidade Internacional de Andalucía.

Formou parte de grupos como Projecto de Foles, Matamá Ensemble ou Paínho do Mal Tempo, resultando premiada en diferentes concursos de música tradicional e folk.

Podes ler o seu currículo completo aquí

ISIDRO VIDAL

Mestre de Gaita e IMPTG

Estuda o Grao Superior de Instrumentos de Música Tradicional e Popular de Galicia entre o Centro Superior de Música de Galicia e o Conservatorio Superior de Música de Vigo onde tamén estuda o Grao Superior de Etnomusicoloxía.

Asiste a aulas de gaita cos mestres Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, David Bellas, Ernesto Campos e Patrick Molard, e de percusión con Carlos Castro e Kinhos Saborido entre outros.

Paralelamente cursa estudos de zanfoña, canto, guitarra, clarinete e piano, así como de composición, produción musical e luthería de gaita galega.

Compuxo máis de 400 obras para gaita de fol en diferentes formatos e estilos.

Actualmente desenvolve a súa carreira como docente, compositor e intérprete.

Podes ler o seu currículo completo aquí

JOSÉ MANUEL LÓPEZ, “JOSELE” 

Mestre de Gaita

Comeza a súa andaina musical aos doce anos e continúa nos conservatorios profesionais de música de Santiago de Compostela, Vigo, Mayeusis de Vigo e Pontevedra, no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, no Conservatorio Folk de Lalín e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, especializándose en gaita, clarinete, saxofón e frauta de pico.

Foi premiado en numerosos concursos de música tradicional e folk, como o Memorial “Manuel Villanueva” ou o Memorial “Manuel Dopazo”, entre outros. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies