fbpx
¡COMPÁRTEME!

Alfonso Calvo, mestre de contrabaixo jazz no CSM Galicia, triunfou co seu novo disco, “Monday Mood”. É o terceiro traballo discográfico que realiza como líder e foi nomeado disco salientado da semana en Universos Paralelos.

Alfonso Calvo

Alfonso Calvo é un contrabaixista nato. Empezou a tocar aos dezaseis anos. Posteriormente, tocou con Quique Alvarado, membro da IASJ (International Association of Schools of Jazz), en Estudo-Escola de Música. Recibiu clases da man de Mariano Martos, Kin García, Xacobe Martínez e Alfonso Morán. Finalizou os estudos oficiais da súa titulación superior de Jazz-Contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Coruña, un Master en Jazz na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) e obtivo un título de Educación Musical pola Universidad de Santiago de Compostela.

Actualmente é mesre de Jazz-Contrabaixo no Centro Superior de Música de Galicia. O podemos atopar tamén tocando con Alfonso Calvo Septet, Marcos Teira trío&quinteto, Aló Django, Valentín Caamaño Quartet, Marcel Pascual Quartet, Zumaque e Leira trío.

Todo talento!

Monday Mood

Universos Paralelos plantea unha serie de programas de radio para poñer en valor a música que hai máis alá da radiofórmula. Levan funcionando desde o ano 1995. Foi neste programa onde quixeron salientar o traballo do noso mestre.

Para a realización deste álbume contou coa participación e colaboración de diferentes músicos profesionais e outros moitos artistas que puxeron todo o seu empeño para facer deste proxecto algo memorable.

Podemos salientar aos membros do septeto; Pablo Castaño (saxofón alto e soprano), Diego Alonso (saxo tenor), Xabier Pereiro GdJazz (trompeta e fliscorno), Luis Miranda (trombón), Iago Mourinho (piano), Alfonso Calvo (contrabaixo, composición e arranxos), Miguel Cabana (percusión).
Ademais, contou con Ton Risco, Pablo Pascual, Paola Kianda, Moisés Fernández e Isaías Salazar.

En la misma línea de su anterior Sea Ahead (Free Code, 2016), el contrabajista y compositor gallego Alfonso Calvo nos trae una nueva colección de temas originales con un sonido calmado, limpio, muy cool y placentero de escuchar, seis enormes composiciones con las que Calvo sorprende y, al mismo tiempo, consigue que suenen familiares al oído del aficionado (…) Los arreglos de Calvo me traen a la mente las aportaciones de Gil Evans al jazz de Miles Davis, por sus arreglos brillantes, que buscan una pureza dentro de la complejidad de empastar la diferente tímbrica de todos los instrumentos.

Opinión de Félix Amador en el blog “Jazz, ese ruido”

Moitos parabéns a todos os artistas que participaron! É incrible que o talento do noso centro se vexa valorado desta forma.

Resultado de imagen de Alfonso Calvo Monday Mood

Invitámosvos a escoitar e a desfrutar deste incrible CD na web de Alfonso Calvo.
https://www.alfonsocalvo.com/alfonso-calvo-septet-monday-mood


¡COMPÁRTEME!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies