fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Percusión

Podes ler o seu currículo completo aquí.

JAVIER EGUILLOR

Mestre Titular de Timbal Solista

Nacido en Xixona, Javier formouse no Conservatorio Superior de Música Óscar Esplá de Alicante e é Timbal-Solista da Orquestra de Valencia.

Participa asiduamente con orquestras como Dissonances, Bandart, Mahler Chamber ou a Orquestra do Festival de Evian. Son orquestras formadas por solistas procedentes de orquestras de referencia a nivel mundial.

É un dos impulsores de Liber Quartet, agrupación formada por dous pianos e dous percusionistas salientando as interpretacións da Consagración da Primavera de I. Stravinsky e West Side Story.

Próximamente ten futuros proxectos como solista coa Orquestra de Chémitz (Alemaña), Orquestra de Monterrei, Orquestra de Suecia, Orquestra Sinfónica de Galicia, etc.

Actualmente é Mestre Timbal Solista do CSM Galicia e Timbal Solista da Orquestra de Valencia

Podes ler o seu currículo completo aquí.

CONRADO MOYA

Mestre Titular de Marimba e Percusión

Formado no conservatorio da súa cidade natal, Alicante, recibe ao mesmo tempo os consellos dos solistas Sisco Aparici (València) e Katarzyna Myćka (Stuttgart). Máis tarde estuda na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín, co solista de percusión Li Biao.

Recibe o 1º Premio no Concurso Internacional de Marimba ConUCOpercusión, o Premio de Honra do Concurso de Interpretación Sociedade de Concertos de Alicante ou a Beca de Interpretación Musical da Asociación Pro-Música Amadeo L. Sala.

Actualmente mantén a súa traxectoria como solista internacional e participando en agrupacións de música de cámara.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

RAÚL BENAVENT

Mestre Titular de Percusión Sinfónica

Estudiou nos conservatorios de Valencia e Madrid, no centro de estudos Neopercusión e en Hogeschool loor Muziek en Theater Rótterdam (Holanda).

Autor de varios proxectos pedagóxicos como La Era de los Materiales, La caja enmascarada (Master class baseada nas sinfonias de D. Shostakóvich) ou Modernidad, Método y Mente (curso de perfeccionamiento de repertorio orquestral).

En Música de cámara toca con Madrid OKHO Dúo ten varios espectáculos como Talking Drum ou ORIGEN. Proximamente estreará España Nuestra Música no Ciclo de Cámara da Orquestra de RTVE e gravará a sonata para dous pianos e percusión de B.Bartok cos pianistas Victor e Lluis del Valle.

Actualmente é Mestre de Percusión Sinfónica do CSM Galicia e Percusión da Orquestra RTVE

 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

JESÚS PORTA

Mestre de Percusión

Comenzou os estudos de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Formou parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia. Ten o título de Grao Superior de Música de Musikene.

Combinou a vía solística (Quincena Musical de San Sebastián) e a orquestral (colabora con numerosas orquestras españolas e forma parte da Gustav Mahler Jugendorchester). Academista da Deutsche Oper Berlin e 1º percusionista na NDR Sinfonieorchester, coa que actuou en innumerables concertos, xiras, gravacións e dúas veces como solista.

Ademais, continúa facendo música de cámara con diversas agrupacións como NDR Percussion, Piano Dúo Grau-Schumacher, etc. Tamén foi mestre de percusión orquestral na Musikhochschule de Hamburgo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies