fbpx

Profesorado do CSM Galicia de Vento Madeira

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ELISABET FRANCH

Mestra Titular de Frauta Traveseira

Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música Victoria dels Àngels en Sant Cugat del Vallès. Máis tarde graduouse na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), continuou no Conservatorio Nacional da Rexión de París e terminou os seus estudos de perfecionamento na Scuola Civica Claudio Abbado (Milán, Italia).

Recoñecida en distintos concursos internacionais, salientan o primeiro premio e distinción do xurado no American Protégé Woodwinds Competition, que a levou a debutar ao mítico Carnegie Hall de Nova Iorque e o Grand Prix da 27th World Music Competition.

O seu 1º disco, Gypsy Airs (2015) gañou dúas medallas de ouro nos Global Music Awards (California) e Best Classical Album de The Akademia Music Awards (Os Ánxeles).

Invitada como solista en distintas orquestras, alterna a súa actividade como solista coa docencia.

Outros vídeos:

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ANDRÉ CEBRIÁN

Mestre Principal Invitado de Frauta Traveseira

De orixe compostelá, comezou os seus estudos de música no conservatorio desta cidade e continuou en Salamanca, Detmold e Xenebra. É invitado  regularmente como solista de frauta pola Sinfónica de Castela e León, a do Gran Teatro do Liceu, a Malaysian Philharmonic Orchestra, a Scottish Chamber, etc. Compaxina a súa actividade como mestre de frauta e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón con cursos e masterclasses en diferentes escolas, conservatorios e orquestras.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

IRIA FOLGADO

Mestra Principal Invitada de Óboe

Nace en San Sadurniño, Galicia. Comeza os seus estudos musicais no conservatorio de Ferrol, e cursa dous anos de especialización na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.

Foi becada en diferentes ocasións e formou parte de orquestras como a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, a EUYWO, NJO, Gustav Mahler Jungendorchester e a Junge Deutsche PhilarmonieActualmente estuda un master e será Corno inglés solista na Konzerthaus Orchester Berlin.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

JUAN PECHUÁN

Mestre Titular de Óboe

Comeza os seus estudos en Valencia e continúa a súa formación na Karajan Academy Berliner Philharmoniker con Jonathan Kelly.

Durante a súa traxectoria tocou con prestixiosas orquestras como a Berliner Philharmoniker, a Gewandhaus Orchester de Leipzig ou a London Symphony Orchestra

É actualmente óboe solista na orquestra da Deutsche Oper Berlin e mestre no ESMAR de Valencia.

Podes ver o seu currículo completo aquí.

RAFFAELE GIANNOTTI

Mestre Titular de Fagot

Raffaele Giannotti naceu en 1995 en Italia. Graduouse no Conservatorio Giuseppe Verdi en Turín. Máis tarde estuda na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien.

Actuou como solista en orquestras como a Carbinia Symphony Orchestra, a Magna Grecia Orchestra, a Bari Symphony Orchestra, a Andreas Bello Orchestra, Collegium Musicum, a Czech Chamber Philharmonic e a Orchestra Paradubice.

Actualmente é o fagot principal da Münchner Philharmoniker.

Podes ver o seu currículo completo aquí.

ÁLEX SALGUEIRO

Mestre Titular de Fagot

Graduado na ESMUC, é fagotista da Sinfónica de Galicia e colaborou con diferentes orquestras profesionais como a do Gran Teatro do Liceu, a Sinfónica de Navarra, a Simfònica do Vallès, a Sinfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya ou a RTVE

Ten unha ampla experiencia en música de cámara como membro de Zoar, quinteto de vento. Ademais colaborou con conxuntos como a  Orquestra de Cambra de Granollers, Ensemble BCN216, Grupo Instrumental s.XX, Taller Atlántico Contemporáneo, OSG Sinfonietta e Camerata Bocherini, entre outros. 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

SIMÓN IBÁÑEZ

Mestre Titular de Clarinete

Estudou a súa licenciatura no Conservatorio Superior de Música do Liceu. Máis tarde obtivo o seu mestrado no Guildhall School of Music and Drama of London.

Artista do Viena International Music Management, recentemente gravou un CD con IPA patrocinado polo Bank Austria.

É director artístico do Classical Music La Vilavella e desde Setembro de 2019, director das audicións ao vivo da World Music Competition.

Actualmente é mestre de clarinete e música de cámara na Wiener Musikakademie.

JAVIER MORGADE

Mestre Titular de Clarinete

Estudou clarinete e música de cámara nos conservatorios de Música de Ourense, Arturo Soria e Amaniel en Madrid, onde obtivo o Título de Mestre de Clarinete.

Rematou os seus estudos superiores nos conservatorios de Música de Santiago e Vigo. Forma parte da orquestra do Conservatorio de Santiago e da Orquesta Gregorio Baudot.

É clarinete solista da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, solista da banda de Música da E.N.M de Marín e mestre de clarinete no Centro Superior de Música de Galicia (Valga).

Podes ler o seu currículo completo aquí.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

VICENT ALBEROLA

Mestre Invitado de Clarinete

Estudou con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Amberes, Bélxica, e con George Pieterson e Larry Combs.

Tocou con orquestras como Royal Concertgebow Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre Les Dissonances e a MMCK Tokyo Orchestra.

Dirixiu a Xove Orquestra da Ópera de Madrid, a Xove Orquestra de Soria e o Teatro Real de Madrid, entre outras agrupacións e institucións.

Fundador da Alberola MMCV Valencia, mestre no ESMAR Escola Superior de Valencia, e director invitado da Ópera de Perm, Rusia.

Podes ler o seu currículo completo aquí.

ADRIÁN PAIS

Mestre Titular de Saxofón

Empezou a etudar saxofón en Rianxo, con 9 anos. Finalizou os seus estudos superiores en Palma de Mallorca e despois trasladouse a Francia para continuar a súa formación no Conservatorio Rexional de Burdeos

Gañou máis dunha decena de premios, entre os que salientan obtido no 38º Concurso de Música de Cámara Club Lyceum de Lausana (Suíza), os recibidos nas edicións 2010 e 2012 do Concurso de Música de Cámara Montserrat Alavedra de Barcelona ou o outorgado polo Instituto da Xuventude na categoría de Música Clásica do certame Creación INJUVE 2012. 

Podes ler o seu currículo completo aquí.

MARIE BERNADETTE CHARRIER

Mestra Principal Invitada de Saxofón

Como solista e en música de cámara forma parte do Ensemble Proxima Centauri, da que é directora artística. Participou en diversas emisións e gravacións radiofónicas en Alemaña, Francia e Australia.

Tocou coa Orchestre du Théâtre de Nantes, Orchestre
Philharmonique des Pays de Loire, Ensemble International de
Saxophones, Ensemble Musique Nouvelle, Ensemble National de
Saxophones, Ensemble Orchestral International de Italia, Orchestre du Grand Théâtre de Bordeaux, Orchestre National Bordeaux Aquitaine, ensemble ARCEMA, Nouvel Ensemble Moderne de Montréal, Orchestre Philharmonique de Bangkok.

Actualmente é mestra de saxofón no ¨P.E.S.M.D Bordeaux Aquitaine¨ e no Conservatoire National de Région de Bordeaux onde creou en 1993 unha clase de interpretación da música contemporánea para todos os instrumentos, formando unha xeración de intérpretes interesados pola música de hoxe.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies