Profesores Jazz e Música Moderna

ALFONSO CALVO

Posición:Mestre de Contrabaixo
Categoría: Jazz e música moderna
Web: www.alfonsocalvo.com

Alfonso Calvo ten o Master en Jazz da ESMUC, é licenciado en Jazz-Contrabaixo con Matrícula de Honra polo COSMAC e Titulado en Educación Musical pola USC. Premio á Excelencia Musical da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

Gravoue comparteu escenario con músicos como Marcos Pin, Michel González, Naíma Acuña, Iago Vázquez, Pablo Castaño, Marcos Teira, Xosé Miguélez, Nani García e Antonio Bravo. Actualmente forma parte do quinteto de Marcos Teira presentando o disco Nós (premio Martín Códax 2019), Marcel Pascual Quartet, Valentín Caamaño Quartet, Zumaque e do seu proxecto a septeto co que participou nos festivais de jazz de toda a comunidade.


Ver Currículum

ALFONSO CALVO

Mestre de Contrabaixo

Alfonso Calvo é Master en Jazz pola Esmuc, licenciado en Jazz-Contrabaixo con Matrícula de honra polo Cosmac e Titulado en Educación Musical pola USC. Premio á Excelencia Musical da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. Gravou e compartiu escenario con músicos como Marcos Pin, Michel González, Naíma...

VIRXILIO DA SILVA FERNÁNDEZ AGUIN

Posición:Mestre de Guitarra
Categoría: Jazz e música moderna

Iniciou os seus estudos de Jazz en 2001 no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Licenciado en Jazz pola ESMAE (Porto, Portugal) en 2010, ten ademais o título de Máster polo Conservatorium van Amsterdam (Holanda).

Conta con preto de corenta referencias discográficas editadas entre colaboracións para outros artistas e os seus propios proxectos. Actualmente lidera a banda de jazz-rock JUZZ, en activo desde 2018, data de lanzamento do seu primeiro disco homónimo. Tamén colidera outros proxectos de natureza moi diversa entre os que destacan Fuzzo, Loiros, Steel Sheep ou The Manueles.

Ao longo da súa traxectoria ten tocado e gravado con músicos de renome internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Myron Walden, Abe Rábade, Paco Charlín, Román Filiú, Perico Sambeat, John Clayton ou Darren Barrett, entre moitos outros.

Ademais, conta con diversos recoñecementos, como o Premio Concerto Autor SGAE con S.O.S. Trío (2005), o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal (Lisboa, 2008), o 2º Premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz no XXXII Festival de Jazz de Getxo (2010) co Javier “GDjazz” Pereiro Quartet, o Premio ao mellor solista nos Keep an Eye International Jazz Awards 2015 do Conservatorium van Amsterdam, e dous Premios Martín Códax da Música en 2014 e 2016 con Mónica de Nut e a banda de rock Foxy Freire respectivamente.

VIRXILIO DA SILVA FERNÁNDEZ AGUIN

Mestre de Guitarra

Iniciou os seus estudos de Jazz en 2001 no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Licenciado en Jazz pola ESMAE (Porto, Portugal) en 2010, ten ademais o título de Máster polo Conservatorium van Amsterdam (Holanda). Conta con preto de corenta referencias discográficas editadas entre colaboracións para outros artistas e os seus...

ÁLVARO TRILLO

Posición:Mestre de Percusión
Categoría: Jazz e música moderna

É licenciado en Jazz-Batería polo COSMAC. O seu proxecto Buxeiro obtivo o premio SGAE Galicia Creativa 2015 na sección de Jazz.

Ao longo dos anos, desenvolveu unha faceta de baterista todoterreno que lle permiteu participar en numerosos proxectos, cos que obtivo 9 premios Martín Códax.

Gravou 16 discos: de jazz, fusión, soul, blues, folk e pop. Un destes, “Magnético-Zen” de Xoán Curiel, recibiu un premio MIN en 2013.

Comparteu escenario con músicos como Jorge Pardo, Abe Rábade, Pablo Castaño e Antonio Bravo.
Actualmente explora xéneros que van desde o Neo Soul ao Jazz Ambiental, pasando pola Improvisación Libre ou o Pop.


Ver Currículum

ÁLVARO TRILLO

Mestre de Percusión

É licenciado en Jazz-Batería polo COSMAC. O seu proxecto Buxeiro obtivo o premio SGAE Galicia Creativa 2015 na sección de Jazz. Ao longo dos anos, desenvolveu unha faceta de baterista todoterreo que lle permitiu participar en numerosos proxectos, cos que obtivo 9 premios Martín Códax. Gravou 16 discos: de jazz,...

TERELA GRADÍN

Posición:Mestra de Canto
Categoría: Jazz e música moderna

Cantante e compositora procedente de Caldas de Reis (Galicia). En 1997 recibe as súas primeiras clases de canto con Ramón Bermejo en Estudo Escola de Música de Santiago de Compostela. Ademais, estuda con Manuel Gutiérrez, Suso Atanes, L.A.R. Legido e Abe Rábade. 

En 2006 grava “Lost” (Errabal Jazz), o seu primeiro disco, xunto a Manuel Gutiérrez; en 2007 grava “Pascala” (Free Code Jazz Records), tamén con Manuel Gutiérrez; e en 2013 grava “Noise” (Delicias Discográficas) con Tereland. 

Colaborou tamén con diferentes grupos como GEM Trío, Marcelo Escrich Silent Trío, The Good Time Rollers, Gradus Jazz, Jorge Garrido Trío, Three One, Proyecto Miño de Baldo Martínez, con la Orquesta de Jazz de Galicia no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, coa Pirineos Jazz Orchestra ou coa Iruña Jazz Orquesta, entre outras.


Ver Currículum

TERELA GRADÍN

Mestra de Canto

Cantante e compositora procedente de Caldas de Reis (Galicia). En 1997 recibe as súas primeiras clases de canto con Ramón Bermejo en Estudo Escola de Música de Santiago de Compostela. Además, estuda con Manuel Gutiérrez, Suso Atanes, L.A.R. Legido e Abe Rábade. En 2006 grava «Lost» (Errabal Jazz), o seu...

GUEORGUI ORGANESIAN

Posición:Mestre de Saxofón
Categoría: Jazz e música moderna

Diplomado na especialidade de saxofón polo Conservatorio Julián Orbón de Avilés (Asturias) e licenciado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de improvisación Jazz.

Gueorgui Organesian formou parte de distintos grupos e bandas como Soulman de Avilés ou a Patrulla Dixie Jazz Band da mesma cidade.

Colaborou en discos de artistas como Susana Seivane ou Siboney e foi mestre na Fundación Música Moderna de Avilés.


Ver Currículum

GUEORGUI ORGANESIAN

Mestre de Saxofón

Diplomado na especialidade de saxofón polo Conservatorio Julián Orbón de Avilés (Asturias) e licenciado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de improvisación Jazz. Gueorgui Organesian formou parte de distintos grupos e bandas como Soulman de Avilés ou a Patrulla Dixie Jazz Band da mesma cidade. Colaborou en...

WILLIAM DÍAZ

Posición:Mestre de Trombón
Categoría: Jazz e música moderna

Conta co Grao Profesional de Trombón Clásico polo Conservatorio Amadeo Roldán de Cuba e o Título Superior en Trombón Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. Completou a súa formación asistindo a múltiples master classes de improvisación en música jazz.

Foi trombonista, percusionista e corista na Orquesta Dan Den de Cuba e na Pablo FG de Cuba.

É trombonista en diversos grupos como Son de Camagüey, Timbabana, Sergio Delgado & Cuban Brass, etc. Tamén colaborou en CD’s e DVD’s de distintas orquestras e bandas.


Ver Currículum

WILLIAM DÍAZ

Mestre de Trombón

Conta co Grao Profesional de Trombón Clásico polo Conservatorio Amadeo Roldán de Cuba e o Título Superior en Trombón Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. Completou a súa formación asistindo a múltiples master classes de improvisación en música jazz. Foi trombonista, percusionista e corista na Orquestra Dan Dean...

ABÉ RÁBADE

Posición:Mestre de Piano
Categoría: Jazz e música moderna

Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU), dirixe un trío de jazz acústico desde 1996, formado por Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

É autor de máis de 200 composicións, compositor, director e forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal).

Conta cunha longa lista de premios, entre eles o Martín Códax na Categoría de Jazz e Músicas Improvisadas e o Piano Performance Award de Berklee College of Music.


Ver Currículum

ABÉ RÁBADE

Mestre de Piano

Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU), dirixe un trío de jazz acústico desde 1996, formado por Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. É autor de máis de 200 composicións, compositor, director e forma parte do corpo...

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.