VIRXILIO DA SILVA FERNÁNDEZ AGUIN

Posición: Mestre de Guitarra
Categoría: Jazz e música moderna

Iniciou os seus estudos de Jazz en 2001 no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Licenciado en Jazz pola ESMAE (Porto, Portugal) en 2010, ten ademais o título de Máster polo Conservatorium van Amsterdam (Holanda).

Conta con preto de corenta referencias discográficas editadas entre colaboracións para outros artistas e os seus propios proxectos. Actualmente lidera a banda de jazz-rock JUZZ, en activo desde 2018, data de lanzamento do seu primeiro disco homónimo. Tamén colidera outros proxectos de natureza moi diversa entre os que destacan Fuzzo, Loiros, Steel Sheep ou The Manueles.

Ao longo da súa traxectoria ten tocado e gravado con músicos de renome internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Myron Walden, Abe Rábade, Paco Charlín, Román Filiú, Perico Sambeat, John Clayton ou Darren Barrett, entre moitos outros. 
 
Ademais, conta con diversos recoñecementos, como o Premio Concerto Autor SGAE con S.O.S. Trío (2005), o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal (Lisboa, 2008), o 2º Premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz no XXXII Festival de Jazz de Getxo (2010) co Javier “GDjazz” Pereiro Quartet, o Premio ao mellor solista nos Keep an Eye International Jazz Awards 2015 do Conservatorium van Amsterdam, e dous Premios Martín Códax da Música en 2014 e 2016 con Mónica de Nut e a banda de rock Foxy Freire respectivamente.

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.