JORGE FUENTES

Posición: Mestre de Trompa Natural
Categoría: Música antiga

Cursou os seus estudos profesionais no Conservatorio Superior de Música de Castelló e un Master Spezialized in Historical Instruments na Schola Cantorum Basiliensis.

Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Nacional i Simfònica de Catalunya, Orquestra Simfònica do Vallès, Orquestra Barroca de Sevilla, Scintilla (Opernhaus Zúric) con instrumentos históricos, OCL (Orquestra de Cámara de Lausanne) e OCF (Orquestra de Cámara de Fribourg), entre outras.

Tocou en varios quintetos de vento, quintetos de metal e conxuntos de música de cámara como Chaarts Musik Ensemble, Camerata Zúric, Café Zimmermann e Mistral Ensemble.

Foi galardoado co Premio de Fin de Carrera e o Premio da Música Euterpe. Tamén é profesor de trompa no Conservatorio de Música de Ourense. 

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.