No hay productos en el carrito.
Estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña e no École Normale Musique Alfred Cortot. Doutorado en Investigación Psicolóxica en Contextos Educativos pola Universidade da Coruña con sobresaíente cum laude e a mención de Doutor Internacional, obtivo diversos premios de guitarra en Francia e España.
Gravou numerosos discos, entre os que salienta o seu último traballo El sonido de las emociones.
Actúa regularmente en países como Francia, España, Italia, Portugal, Polonia, Letonia e Arxelia e en varias ocasións como solista xunto a Orquestras Sinfónicas.