MARIE BERNADETTE CHARRIER

Posición: Mestra Principal Invitada de Saxofón
Categoría: Vento Madeira

Como solista e en música de cámara forma parte do Ensemble Proxima Centauri, da que é directora artística. Participou en diversas emisións e gravacións radiofónicas en Alemaña, Francia e Australia.

Tocou coa Orchestre du Théâtre de Nantes, Orchestre
Philharmonique des Pays de Loire, Ensemble International de
Saxophones, Ensemble Musique Nouvelle, Ensemble National de
Saxophones, Ensemble Orchestral International de Italia, Orchestre du Grand Théâtre de Bordeaux, Orchestre National Bordeaux Aquitaine, ensemble ARCEMA, Nouvel Ensemble Moderne de Montréal, Orchestre Philharmonique de Bangkok.

Actualmente é mestra de saxofón no ¨P.E.S.M.D Bordeaux Aquitaine¨ e no Conservatoire National de Région de Bordeaux onde creou en 1993 unha clase de interpretación da música contemporánea para todos os instrumentos, formando unha xeración de intérpretes interesados pola música de hoxe.

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.