TIMUR SADYKOV

Posición:Mestre Titular de Violín
Categoría: Corda Fretada

Iniciou os seus estudos musicais aos 5 anos na Escola Especial de Música de Kazán e posteriormente con G.H. Hodjaev. En 1988 entrou no Conservatorio Estatal e en 1994 obtivo os diplomas de violín solista, artista de orquestra e profesor de violín.

Foi Concertino na Orquestra Sinfónica Estudantil, formou parte da Orquestra de Cámara A Primavera, tocou na Orquestra Estatal Filarmónica de Kazan e foi membro da Gustav Mahler Jugend Orchester, de a Orquestra de Moscova, de a Orquestra Sinfónica Estatal  e de a Orquestra de Cámara de Moscova.

Actualmente é membro da Real Filarmónica de Galicia.

TIMUR SADYKOV

Mestre Titular de Violín

Iniciou os seus estudos musicais aos 5 anos na Escola...

DEBORAH HAMBURGER

Posición:Mestra Titular de Violín
Categoría: Corda Fretada

Nacida na India, Deborah estudou na Universität für Musik und Dartsellende Kunst (Viena).
Colaborou con orquestras de Austria, Alemaña, Suíza, Dinamarca, Inglaterrra, Xapón, India e España.

Co-fundadora do ensemble Orphelion, con que realizou numerosas xiras e gravaciones.

Actualmente é violinista na Orquesta Sinfónica de Galicia e mestra da Orquesta Joven de la Orquesta Sinfónica de Galicia e da JONDE.

DEBORAH HAMBURGER

Mestra Titular de Violín

Nada na India, Deborah estudou na Universität für Musik und...

LIINA LEIJALA

Posición:Mestra Titular de Violoncello
Categoría: Corda Fretada

A violonchelista Liina Leijala nace no 1984 en Keuruu, Finlandia. Estudou na Sibelius-Akatemia, na Escuela Superior de Música Reina Sofía e na Universität für Musik und darstellende Kunst Wien.

Colaborou con orquestras como a Mahler Chamber Orchestra, a Orquesta de Cámara Salzburg Chamber Soloists ou a Verbier Festival Orchestra.

Na actualidade é directora do Barenboim-Said Foundation Center, mestra de violonchelo na Wiener Musikakademie e no Barenboim Said Foundation Center. É violonchelista en Trio Global.

LIINA LEIJALA

Mestra Titular de Violoncello

A violonchelista Liina Leijala nace en 1984 en Keuruu, Finlandia....

MILLÁN ABELEDO

Posición:Mestre Titular de Violoncello
Categoría: Corda Fretada

Cursou os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza), continuou estudando na Escuela Superior de Música Reina Sofía (Madrid) e na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). 

Recibiu o I Premio Concurso Nacional de Violoncello (Carcaixent) e o I Premio Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal), entre outros.

Colaborou en orquestras como a Orquesta Nacional de España, a Sinfónica de Galicia, a Orquesta de Cámara Reina Sofía, a Orquesta de la Comunidad Valenciana del Palau de les Arts ou a Tsingtao International Music Festival Orchestra (China).

Actualmente é violonchelista na Real Filharmonía de Galicia e é mestre de violoncello na Escuela de Música Berenguela

MILLÁN ABELEDO

Mestre Titular de Violoncello

Cursou os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza), continuou estudando...

EMILIO YEPES

Posición:Mestre Titular de Contrabaixo
Categoría: Corda Fretada
Nace en Cartaxena e trasládase a Madrid para estudar na Escola Superior de música Raíña Sofía. Completa a súa formación na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin.
 
Apareceu como solista en orquestras como a Accademia Mahler de Bolzano ou a Sinfonietta Linz. Colabora regularmente coa Westdeutscher Rundfunk Orchester e coa Orquestra do Festival de Bayreuth.
Actualmente é membro da Münchner Philharmoniker.

EMILIO YEPES

Mestre Titular de Contrabaixo

Nace en Cartaxena e trasládase a Madrid para estudar na...

ANTONIO ROMERO

Posición:Mestre Titular de Contrabaixo
Categoría: Corda Fretada

Cursou os estudos superiores de contrabaixo no Conservatorio Superior da Coruña e continuou cun Curso de Formación Continua na ESMUC.

Máis tarde obtivo o Master of Performance no Royal College of Music de Londres e realizou un Máster en Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska.

Colaborou con distintas orquestras como a Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquesta Sinfónica de RTVE.

ANTONIO ROMERO

Mestre Titular de Contrabaixo

Cursou os estudos superiores de contrabaixo no Conservatorio Superior da...

SERGIO HEREDIA

Posición:Mestre Invitado de Violín
Categoría: Corda Fretada

Estudou con Unnur Palsdottir, con Tatiana Liberova e con Yuri NasushkinAmplía a súa formación e tamén recibe clases de música antiga con Jaap Schröder, Barry Sargent e Rinaldo Alesandrini. Participou en diferentes proxectos e gravaciones para TV, cine, radio e a industria discográfica.

Actualmente é docente, integrante de diferentes agrupacións e director da Xove Orquesta Filharmónica da Cidade de Pontevedra.

SERGIO HEREDIA

Mestre Invitado de Violín

Estudou con Unnur Palsdottir, con Tatiana Liberova e con Yuri...

ÁNGEL LUIS QUINTANA

Posición:Mestre Principal Invitado de Violonchelo
Categoría: Corda Fretada

Violonchelo Solista da Orquesta Nacional de España, mestre do Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona e mestre invitado do Conservatorio de Rotterdam.

Foi Primer Premio de distintos Concursos Nacionais (Juventudes Musicales, Dirección General de Música y Teatro ). Participa regularmente en prestixiosos Ciclos de Cámara con agrupacións como Plural Ensemble, Zarabanda, e Camerata Sa Nostra e en Festivais Internacionais como Presences 2000 (Paris), A Tempo (Caracas), Dublin, EEUU etc.

Formou parte do Claustro de Mestres de Música en Compostela entre 2013 e 2018 e recentemente do Jurado Internacional A. Janigro (Croacia).

ÁNGEL LUIS QUINTANA

Mestre Principal Invitado de Violonchelo

Violoncelo Solista da Orquestra Nacional de España , Profesor do...

MATEO ARNÁIZ

Posición:Mestre de guitarra
Categoría: Guitarra

Estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña e no École Normale Musique Alfred Cortot. Doutorado en Investigación Psicolóxica en Contextos Educativos pola Universidade da Coruña con sobresaíente cum laude e a mención de Doutor Internacional, obtivo diversos premios de guitarra en Francia e España.

Gravou numerosos discos, entre os que salienta o seu último traballo El sonido de las emociones.

Actúa regularmente en países como Francia, España, Italia, Portugal, Polonia, Letonia e Arxelia e en varias ocasións como solista xunto a Orquestras Sinfónicas.

MATEO ARNÁIZ

Mestre de guitarra

Estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña e no...

CRISTINA MONTES

Posición:Mestra Principal invitada de Arpa
Categoría: Arpa

Nace en Sevilla, onde comeza os seus estudos. Perfecciónase en Londres, e na Akademie de la Staatskapelle de Berlín con Daniel Barenboim.

Gañadora de seis concursos internacionais, é considerada unha das arpistas máis importantes da súa xeración.

Actualmente é a arpista solista da Orquesta de la Comunidad Valenciana del Palau de Les Arts de Valencia.

No 2018 foi recoñecida co premio Andaluces del Futuro de la Cultura.

CRISTINA MONTES

Mestra Principal invitada de Arpa

Nace en Sevilla, onde comeza os seus estudos. Perfecciónase en...

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.