No hay productos en el carrito.
Estudou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Cursou os seus estudos superiores en Musikene e realizou un máster no Conservatorio de Amsterdam.
Pertenceu a diversas orquestras xoves como ONSG, JONDE ou NJO. Colaborou coas orquestras Cidade de Granada, Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Porto Casa da Música (Portugal), Filarmónica de Jalisco (México) ou a Royal Concertgebouw (Holanda).
Foi docente no Conservatorio de Celanova e no de Verín, director da banda de música Santiago de Arteixo e colaborador da Sinfónica de Galicia.
Ten o título de Grao Profesional polo Conservatorio Profesional de Música Jacinto Guerrero coas máis altas calificacións en Trompa, Banda e Música de Cámara polas que obtén Mención de Honra.
Continuou os seus estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, finalizándoos no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Realizou cursos de Dirección con Enrique García Asensio e Pere Molina González . Está en posesión do Curso de Aptitude Pedagóxica e ademais cursou a Licenciatura de Humanidades na Universidade de Castela a Mancha.
Membro da Orquesta Palau Les Arts e trombón tenor/baixo na Qatar Philharmonic Orchestra.
Tamén formou parte da Orquesta Sinfónica de Navarra, Gustav Mahler Jugendorchester, Joven Orquesta Nacional de España e a West-Eastern Divan. Colaborou coa Orquesta del Teatro “La Fenice” de Venecia, a Münchner Philharmoniker, a Sinfónica de Galicia, Real Filharmonia de Galicia, a Staatskapelle Berlin, a Sinfónica de Barcelona e a Filarmónica de Hong Kong, entre outras.
Imparte cursos e recitais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde cursou os seus estudos superiores de música, do da Coruña, ESMUC e Musikene.
Cursou estudos superiores na especialidade de tuba no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner e Máster en interpretación no Conservatorium van
Amsterdam.
Membro da Joven Orquesta del Principado de Asturias (Jospa), da Joven Orquesta Nacional de España, da NJO: Dutch Orchestra and Ensemble Academy e colaborou coa Orquestra Juvenil Simón Bolivar de Venezuela e a Orquesta Sinfónica Juvenil Teresa Carreño de Venezuela.
Ten máis dunha ducia de premios e colaborou con numerosas bandas e orquestras.
Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música del Principado de Asturias, con Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Ten o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grao no Conservatorio Profesional de Pontevedra e o Máster en Formación do Profesorado para Educación Secundaria.
Colaborou coa Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, L´arpa Festante Barock Orchestra, Forma Antiqva, Teatre Nacional de Catalunya, entre outras.