ALEJANDRO VÁZQUEZ

Posición:Mestre Titular de Trompeta
Categoría: Vento Metal

Estudou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Cursou os seus estudos superiores en Musikene e realizou un máster no Conservatorio de Amsterdam. 

Pertenceu a diversas orquestras xoves como ONSG, JONDE ou NJO. Colaborou coas orquestras Cidade de Granada, Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Porto Casa da Música (Portugal), Filarmónica de Jalisco (México) ou a Royal Concertgebouw (Holanda).

Foi docente no Conservatorio de Celanova e no de Verín, director da banda de música Santiago de Arteixo e colaborador da Sinfónica de Galicia.

ALEJANDRO VÁZQUEZ

Mestre Titular de Trompeta

Estudou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Cursou...

ALBERTO ARRIBAS

Posición:Mestre Titular de Trompa
Categoría: Vento Metal

Ten o título de Grao Profesional polo Conservatorio Profesional de Música Jacinto Guerrero coas máis altas calificacións en Trompa, Banda e Música de Cámara polas que obtén Mención de Honra.

Continuou os seus estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, finalizándoos no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Realizou cursos de Dirección con Enrique García Asensio e Pere Molina González . Está en posesión do Curso de Aptitude Pedagóxica e ademais cursou a Licenciatura de Humanidades na Universidade de Castela a Mancha. 

ALBERTO ARRIBAS

Mestre Titular de Trompa

Ten o título de Grao Profesional polo Conservatorio Profesional de...

FAUSTINO NÚÑEZ

Posición:Mestre Titular de Trombón
Categoría: Vento Metal

Membro da Orquesta Palau Les Arts e trombón tenor/baixo na Qatar Philharmonic Orchestra.

Tamén formou parte da Orquesta Sinfónica de Navarra, Gustav Mahler Jugendorchester, Joven Orquesta Nacional de España e a West-Eastern Divan. Colaborou coa Orquesta del Teatro “La Fenice” de Venecia, a Münchner Philharmoniker, a Sinfónica de Galicia, Real Filharmonia de Galicia, a Staatskapelle Berlin, a Sinfónica de Barcelona e a Filarmónica de Hong Kong, entre outras.

Imparte cursos e recitais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde cursou os seus estudos superiores de música, do da Coruña, ESMUC e Musikene.  

FAUSTINO NÚÑEZ

Mestre Titular de Trombón

Membro da Orquestra Palau Lles Arts e trombón tenor/baixo na...

GUILLERMO COLLAZO

Posición:Mestre Titular de Tuba
Categoría: Vento Metal

Cursou estudos superiores na especialidade de tuba no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner e Máster en interpretación no Conservatorium van
Amsterdam.

Membro da Joven Orquesta del Principado de Asturias (Jospa), da Joven Orquesta Nacional de España, da NJO: Dutch Orchestra and Ensemble Academy e colaborou coa Orquestra Juvenil Simón Bolivar de Venezuela e a Orquesta Sinfónica Juvenil Teresa Carreño de Venezuela.

Ten máis dunha ducia de premios e colaborou con numerosas bandas e orquestras. 

GUILLERMO COLLAZO

Mestre Titular de Tuba

Cursou estudos superiores na especialidade de tuba no Conservatorio Superior...

PABLO DOPAZO

Posición:Mestre de Bombardino/Tuba
Categoría: Vento Metal

Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior de Música del Principado de Asturias, con Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Ten o Título Profesional de Tuba con Premio Extraordinario Fin de Grao no Conservatorio Profesional de Pontevedra e o Máster en Formación do Profesorado para Educación Secundaria.

Colaborou coa Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, L´arpa Festante Barock Orchestra, Forma Antiqva, Teatre Nacional de Catalunya, entre outras.

PABLO DOPAZO

Mestre de Bombardino/Tuba

Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Conservatorio Superior...

ELISABET FRANCH

Posición:Mestra Titular de Frauta Traveseira
Categoría: Vento Madeira

Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música Victoria dels Àngels en Sant Cugat del Vallès. Máis tarde graduouse na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), continuou no Conservatorio Nacional da Rexión de París e terminou os seus estudos de perfecionamento na Scuola Civica Claudio Abbado (Milán, Italia).

Recoñecida en distintos concursos internacionais, salientan o primeiro premio e distinción do xurado no American Protégé Woodwinds Competition, que a levou a debutar ao mítico Carnegie Hall de Nova Iorque e o Grand Prix da 27th World Music Competition.

O seu 1º disco, Gypsy Airs (2015) gañou dúas medallas de ouro nos Global Music Awards (California) e Best Classical Album de The Akademia Music Awards (Os Ánxeles).

Invitada como solista en distintas orquestras, alterna a súa actividade como solista coa docencia.

ELISABET FRANCH

Mestra Titular de Frauta Traveseira

Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música Vitoria...

JAVIER MORGADE

Posición:Mestre Titular de Clarinete
Categoría: Vento Madeira

Estudou clarinete e música de cámara nos conservatorios de Música de Ourense, Arturo Soria e Amaniel en Madrid, onde obtivo o Título de Mestre de Clarinete.

Rematou os seus estudos superiores nos conservatorios de Música de Santiago e Vigo. Forma parte da orquestra do Conservatorio de Santiago e da Orquesta Gregorio Baudot.

É clarinete solista da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, solista da banda de Música da E.N.M de Marín e mestre de clarinete no Centro Superior de Música de Galicia (Valga).

JAVIER MORGADE

Mestre Titular de Clarinete

Estudou clarinete e música de cámara nos conservatorios de Música...

SIMÓN IBÁÑEZ

Posición:Mestre Titular de Clarinete
Categoría: Vento Madeira

Graduado na ESMUC, é fagotista da Sinfónica de Galicia e colaborou con diferentes orquestras profesionais como a do Gran Teatro do Liceu, a Sinfónica de Navarra, a Simfònica do Vallès, a Sinfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya ou a RTVE

Ten unha ampla experiencia en música de cámara como membro de Zoar, quinteto de vento. Ademais colaborou con conxuntos como a  Orquestra de Cambra de Granollers, Ensemble BCN216, Grupo Instrumental s.XX, Taller Atlántico Contemporáneo, OSG Sinfonietta e Camerata Bocherini, entre outros. 

SIMÓN IBÁÑEZ

Mestre Titular de Clarinete

Estudou a súa licenciatura no Conservatorio Superior de Música do...

ÁLEX SALGUEIRO

Posición:Mestre Titular de Fagot
Categoría: Vento Madeira

Graduado en la ESMUC, es fagotista de la Sinfónica de Galicia y ha colaborado con diferentes orquestas profesionales como la del Gran Teatro del Liceo, la Sinfónica de Navarra, la Simfònica del Vallès, la Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya o la RTVE

Tiene una amplia experiencia en música de cámara como miembro de Zoar, quinteto de viento. Además ha colaborado con conjuntos como la Orquestra de Cambra de Granollers, Ensemble BCN216, Grupo Instrumental s.XX, Taller Atlántico Contemporáneo, OSG Sinfonietta y Camerata Bocherini, entre otros. 

ÁLEX SALGUEIRO

Mestre Titular de Fagot

Graduado na ESMUC, é fagotista da Sinfónica de Galicia e...

ADRIÁN PAIS

Posición:Mestre Titular de Saxofón
Categoría: Vento Madeira

Empezou a etudar saxofón en Rianxo, con 9 anos. Finalizou os seus estudos superiores en Palma de Mallorca e despois trasladouse a Francia para continuar a súa formación no Conservatorio Rexional de Burdeos

Gañou máis dunha decena de premios, entre os que salientan obtido no 38º Concurso de Música de Cámara Club Lyceum de Lausana (Suíza), os recibidos nas edicións 2010 e 2012 do Concurso de Música de Cámara Montserrat Alavedra de Barcelona ou o outorgado polo Instituto da Xuventude na categoría de Música Clásica do certame Creación INJUVE 2012. 

ADRIÁN PAIS

Mestre Titular de Saxofón

Empezou a estudar saxofón en Rianxo, con 9 anos. Finalizou...

VICENT ALBEROLA

Posición:Mestre Invitado de Clarinete
Categoría: Vento Madeira

Estudou con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Amberes, Bélxica, e con George Pieterson e Larry Combs.

Tocou con orquestras como Royal Concertgebow Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre Les Dissonances e a MMCK Tokyo Orchestra.

Dirixiu a Xove Orquestra da Ópera de Madrid, a Xove Orquestra de Soria e o Teatro Real de Madrid, entre outras agrupacións e institucións.

Fundador da Alberola MMCV Valencia, mestre no ESMAR Escola Superior de Valencia, e director invitado da Ópera de Perm, Rusia.

VICENT ALBEROLA

Mestre Invitado de Clarinete

Estudou con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Anveres, Bélxica,...

MARIE BERNADETTE CHARRIER

Posición:Mestra Principal Invitada de Saxofón
Categoría: Vento Madeira

Como solista e en música de cámara forma parte do Ensemble Proxima Centauri, da que é directora artística. Participou en diversas emisións e gravacións radiofónicas en Alemaña, Francia e Australia.

Tocou coa Orchestre du Théâtre de Nantes, Orchestre
Philharmonique des Pays de Loire, Ensemble International de
Saxophones, Ensemble Musique Nouvelle, Ensemble National de
Saxophones, Ensemble Orchestral International de Italia, Orchestre du Grand Théâtre de Bordeaux, Orchestre National Bordeaux Aquitaine, ensemble ARCEMA, Nouvel Ensemble Moderne de Montréal, Orchestre Philharmonique de Bangkok.

Actualmente é mestra de saxofón no ¨P.E.S.M.D Bordeaux Aquitaine¨ e no Conservatoire National de Région de Bordeaux onde creou en 1993 unha clase de interpretación da música contemporánea para todos os instrumentos, formando unha xeración de intérpretes interesados pola música de hoxe.

MARIE BERNADETTE CHARRIER

Mestra Principal Invitada de Saxofón

Como solista e en música de cámara forma parte o...

Abrir chat
This site is registered on wpml.org as a development site.